A situación de seca en Ourense debaterase no pleno do venres
27 Novembro, 2017
0
• Ourense en Común levará á sesión plenaria unha moción para crear un ente para un seguemento permanente da situación hídrica no Concello.
• A situación de seca afecta xa directamente ao día a día das veciñas, incrementándose as tarifas eléctricas, o gas, ou os alimentos, e incidindo na calidade do aire.

    Ourense en Común defenderá no pleno do venres a creación dunha comisión que traballe sobre a situación hidrolóxica de Ourensecon medidas efectivas no aforro de auga e para subsistir ante a posibilidade dunha situación de escaseza de auga e cortes nas subministracións dos fogares”.

    O grupo entende que o procedemento que están a levar o Concello de Ourense e a empresa adxudicataria da xestión do abastecemento e o saneamento da agua en Ourense, Viaqua, é insuficiente”, porque “as medidas adoptadas inciden soamente no consumo do Concello como institución”, o que representa unha pequena porcentaxe do total de consumo que inflúe na seca”.

    A moción recolle posibles solucións, como reducir as fugas nas redes de subministración (estímase que entre un 30% e un 35% da auga pérdese por este motivo), modernizar a xestión, controlando o consumo de pozos e acuíferos e incentivando a reciclaxe de auga por parte da industria ou cambiar as técnicas agrícolas a modelos máis sustentables”.

    Ledicia Piñeiro, edil de Ourense en Común, declara que “é imprescindible e urxente estudar en profundidade o impacto presente e futuro das secas e incorporar esa información nos futuros plans hidrolóxicos, e superar as suposicións grosas de se vai chover o dobre ou a metade a anos vista”.