Apoia a Ourense en Común

Imaxe agradecemento: Graciñas Veciñas e Veciños Obxectivo Acadado

Grazas á vosa xenerosidade, Ourense en Común supera o obxectivo de 5.500 € para a campaña.

Polo voso xeneroso apoio, Ourense en Común non tivo que pedir ningún crédito para financiar os gastos de campaña.

Veciñas e veciños están a custear as actividades culturais e de lecer que organizamos para as fins de semana do tempo de campaña, e os actos e encontros que estamos a desenvolver os días laborais.

Nesta ligazón podes consultar todas as nosas contas de campaña, gastos e ingresos: http://ourenseencomun.info/as-contas-da-campana

O proxecto de financiamento da campaña electoral pechou o día 18 de maio, pero se aínda queres apoiar a Ourense en Común, pódelo facer mediante un ingreso ou transferencia na conta bancaria con IBAN ES24 3070 0043 0961 4909 0521, ou directamente na oficina da Caixa Rural Galega de Ourense, que está na Avenida da Habana nº 4.

En calquera dos dous casos, indicando claramente o teu nome e DNI.

Se o prefires, podes seguir a empregar o pago con tarxeta de crédito ou paypal aquí:

Preguntas máis frecuentes

Quen pode facer unha doazón?

Só persoas físicas. Non aceptamos achegas de asociacións nin de empresas.

Que cantidade se pode doar?

A partir de 10 euros. Ti decides a cantidade.

Por que pedides o número de DNI?

A Lei de Financiamento de Partidos Políticos obriga a rexistrar -para evitar doazóns opacas das que non se coñeza o autor- a identificación da persoa doante. Esta normativa, feita para a transparencia das contas dos partidos, fai que pidamos o nome completo e DNI de quen fai o donativo.

Poderemos ver en que vos gastastes o diñeiro?

Si, en Ourense en Común rendemos contas dos nosos ingresos e gastos trimestralmente. Podes atopar a información actualizada na nosa web, no apartado de transparencia.

Que fago para non saír na lista de agradecementos?

Cando acabe a campaña, porémonos en contacto con todas as doantes para preguntarvos se queredes estar na lista de agradecementos.

Que fago se teño algunha dúbida?

Podes escribirnos para resolver calquera cuestión a: soporte@ourenseencomun.info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *