Un Ourense de todas

Ourense en Común procurará un consenso plenario de todos os grupos da corporación para comprometerse coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, tratado internacional que garante os dereitos lingüísticos de linguas como a galega. O grupo Ourense en Común defenderá no pleno deste venres unha moción para que a corporación municipal manifeste o seu […]

O grupo municipal Ourense en Común convoca, para o mércores día 02 de marzo ás 19.30 un debate no “Espazo en Común” (Burgas, 8), para recoller propostas á ordenanza sobre a xestión de Vivendas de emerxencia social. Seguindo co carácter participativo de Ourense en Común, convocan un debate no que pretenden recoller propostas de entidades sociais, asociacións e persoas interesadas […]

Ourense en Común comeza este luns na Carballeira un roteiro por todos os barrios do Concello de Ourense para achegar o modelo de cidade pretendida polo PXOM, responder ás dúbidas veciñais e informar de primeira man sobre o estado de aprobación do documento. O grupo municipal Ourense en Común comeza este luns 29 de febreiro […]

O grupo municipal de Ourense en Común agradece ao Partido Popular que atendera a súa petición de convocatoria dunha xunta de portavoces de carácter monográfico con motivo da reunión do alcalde Ourense en Madrid sobre a Estación Intermodal.  “Dende Ourense en Común consideramos pertinente que, despois de calquera reunión desta natureza con outras administracións, se […]

Foto: reunión 24 de febreiro con colectivos e familias O grupo municipal de Ourense en Común asistiu onte a convocatoria para a constitución dunha plataforma en defensa da creación dun centro de educación especial para maiores de 21 anos xunto con numerosos colectivos, organizacións sindicais, persoas a título individual, familias afectadas e todos os grupos […]

O grupo municipal Ourense en Común presentará no pleno ordinario do próximo venres unha moción para a creación dun Parlamento da Infancia, xestionado a través do propio Consello Municipal da Infancia. O Concello de Ourense está a recibir nas últimas semanas visitas de varios colexios infantís. Como pode comprobarse nos diferentes medios de comunicación dous […]

O grupo municipal Ourense en Común amosa dúbidas sobre a construción dun centro interxeracional, sobre criterios para a xustificación do proxecto, a porcentaxe do investimento público e o aportado pola Fundación Amancio Ortega así como pola futura xestión dese espazo. Ourense en Común requirirá toda a información en poder da Concellería de Benestar Social sobre […]