Un Ourense de todas

Crearase un Observatorio da Lingua que xestione a política lingüística municipal. Este órgano transversal a tódalas concellerías asegurará o fomento da normalización do Galego.   OUeC presentará a candidatura de Ourense como Patrimonio Literario da Humanidade pola UNESCO e comezarase a elaborar a programación cultural co gallo da conmemoración dos 100 anos da Xeración Nós […]

Temos fame de cultura
15 Maio, 2015

No que levamos de campaña non houbo un día que non sairamos á rúa. E ben que o pasamos. Paseo crítico para descubrir os segredos e tesouros do Ourense que nos negamos a esquecer, marchas en bicicleta, tempo para compartir cos cativos contos e debuxos…e o que aínda está por vir! Creatividade a mantenta. Curiosidade. […]

Productiva xuntanza dos candidatos de Ourense en Común Miguel Doval, Carlos Miguélez e Carlos García con representantes dos comerciantes da Praza de Abastos da cidade. As primeiras críticas que fixeron estes pequenos empresarios foron dirixidas ás xa coñecidas deficiencias da infraestrutura. “A accesibilidade ao mercado é pésima e urxe un xeito de esquivar as escaleiras” […]

Ourense en Común reordenará e impulsará o transporte urbano. Traballaremos para que trala chegada do AVE, o corredor liberado sexa transformado nunha senda verde. Ourense 14/05/2015. Ourense en Común convocamos hoxe aos medios de comunicación no Parque de San Lázaro para expor a nosa proposta de mobilidade. Unha proposta que se estudou ao detalle nunha […]

Miguel Doval, Ledicia Piñeiro e Esteban Sánchez representaron a Ourense en Común o pasado xoves 8 de maio neste encontro coa Asoc. Diabética Auria, que desde 2002 vén prestando axuda e asesoramento ás persoas diabéticas da nosa provincia. Mª Paz Gómez, presidenta da asociación, expúxonos os principais atrancos que levan atopando desde a súa creación, […]

Comprometémonos coa aprendizaxe permanente, para todas as   persoas e ao longo de toda a vida; construíndo xuntas a “cidade ededucadora” que é capaz de ensinar e tamén de aprender. OueC defende o acceso a cultura como dereito fundamental. Practicamos a democracia cultural, aquela que fai posible que a cidadanía pase de simple espectadora á creadora. […]

  Non hai que coller o coche (non contaminamos) para ir mercar á carnicería nin á mercería do barrio. A tendeira dáche os bos días en galego cando entras pola porta e se xa te coñece preguntarache se o teu avó vai melloriño. Tes a quen reclamarlle, cara a cara, se o produto non te […]

Dende Ourense en Común queremos recuperar a dinámica e filosofía participativa e de autoxestión que caracterizou o fucionamento da Casa da Xuventude.   Entendemos que unha institución histórica, referente a nivel estatal como un espazo animación sociocultural da mocidade non pode seguir desemantelando o seu servizo.   Ourense en Común quere manifestar publicamente o seu […]

Os candidatos de Ourense en Común Miguel Doval e Maravillas Calviño, mantiveron esta mañá en Magma Espacio un encontro cos representantes do Sindicato Profesional de Policía Municipais de España (SPPME), Bautista Rodríguez e Xoan Carlos Bouso. O noso candidato á Alcaldía de Ourense e a número seis da nosa candidatura cidadá escoitaron a súa exposición […]