Un Ourense de todas
GASTAR MENOS, VIVIR MELLOR
18 Maio, 2015

Unha aposta pola Sustentabilidade e o Medio Ambiente no noso Programa Participativo Plantexámonos como meta camiñar nos vindeiros catro anos cara o desenvolvemento sustentable. Ou sexa, facer de Ourense unha cidade na que os seus habitantes “vivan mellor” sen comprometer a calidade de vida das xeracións futuras. Non podemos facer propostas para unha lexislatura porque […]

“O código de Boa Gobernanza establece os principios dos que Ourense en Común se fornece para a posta en práctica do noso modelo de goberno. A boa gobernanza, é a gobernanza para o Ben Común”, destacou Mavi Calviño, candidata de OUeC. Constituirase un Grupo de Traballo Institucional (GTI) que estará composto por todas as persoas […]

Ourense en Común continúa coa súa campaña electoral apostando polo contacto coa veciñanza e a creatividade Dúas actividades lúdico-culturais encheron a xornada do sábado; pola mañá, co foco posto na defensa do comercio local, o safari fotográfico “O Sentido Común”, percorreu barrios e contorna retratando o estado do pequeno comercio e a agricultura de proximidade, […]

programa

OUeC propón colaborar coa candidatura de Ponte nas Ondas para que o patrimonio galego-portugués sexa recoñecido como Patrimonio da Humanidade Crearase un Observatorio da Lingua que xestione a política lingüística municipal. “Este órgano transversal a tódalas concellerías asegurará o fomento da normalización do Galego” Os estudos sociolingüísticos son rotundos: existe unha radical ruptura xeracional na […]

Crearase un Observatorio da Lingua que xestione a política lingüística municipal. Este órgano transversal a tódalas concellerías asegurará o fomento da normalización do Galego.   OUeC presentará a candidatura de Ourense como Patrimonio Literario da Humanidade pola UNESCO e comezarase a elaborar a programación cultural co gallo da conmemoración dos 100 anos da Xeración Nós […]

Temos fame de cultura
15 Maio, 2015

No que levamos de campaña non houbo un día que non sairamos á rúa. E ben que o pasamos. Paseo crítico para descubrir os segredos e tesouros do Ourense que nos negamos a esquecer, marchas en bicicleta, tempo para compartir cos cativos contos e debuxos…e o que aínda está por vir! Creatividade a mantenta. Curiosidade. […]

Productiva xuntanza dos candidatos de Ourense en Común Miguel Doval, Carlos Miguélez e Carlos García con representantes dos comerciantes da Praza de Abastos da cidade. As primeiras críticas que fixeron estes pequenos empresarios foron dirixidas ás xa coñecidas deficiencias da infraestrutura. “A accesibilidade ao mercado é pésima e urxe un xeito de esquivar as escaleiras” […]

Ourense en Común reordenará e impulsará o transporte urbano. Traballaremos para que trala chegada do AVE, o corredor liberado sexa transformado nunha senda verde. Ourense 14/05/2015. Ourense en Común convocamos hoxe aos medios de comunicación no Parque de San Lázaro para expor a nosa proposta de mobilidade. Unha proposta que se estudou ao detalle nunha […]

Miguel Doval, Ledicia Piñeiro e Esteban Sánchez representaron a Ourense en Común o pasado xoves 8 de maio neste encontro coa Asoc. Diabética Auria, que desde 2002 vén prestando axuda e asesoramento ás persoas diabéticas da nosa provincia. Mª Paz Gómez, presidenta da asociación, expúxonos os principais atrancos que levan atopando desde a súa creación, […]

Comprometémonos coa aprendizaxe permanente, para todas as   persoas e ao longo de toda a vida; construíndo xuntas a “cidade ededucadora” que é capaz de ensinar e tamén de aprender. OueC defende o acceso a cultura como dereito fundamental. Practicamos a democracia cultural, aquela que fai posible que a cidadanía pase de simple espectadora á creadora. […]