Carlos García

Posto 11 na candidatura de OUeC

sharli

43 anos, licenciado en economía e postgrado en socioloxía

Activista en tódolos ámbitos da miña vida.

logofb

 

 

Participo en Ourense en Común polo meu compromiso coa loita por un mundo máis xusto no social, no económico e no ecolóxico. Tamén por coherencia coa miña idea de que, como seres sociais que somos, temos non só o dereito senón tamén a obriga de participar na política, entendida esta como a administración do común para garantir unha vida digna a tódalas persoas e unha convivencia pacífica e constructiva. Creo na cooperación e o apoio mutuo como medio para emanciparnos como seres libres.

En Ourense Común todas facemos de todo pero eu aporto principalmente a miña experiencia de anos traballando en distintos concellos como economista. Aválame académicamente un Posgrao en Ciencia Política e Socioloxía e un Máster en Desenvolmento Local e Experto en Fondos Europeos.

E son activista en movementos sociais como o 15M, en Economía Sol, a Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda e a Plataforma Non ao TTIP.

 

Deixa unha resposta

1 comment

  1. Me gustas muxo,voto x ti con los ojos cerrados