Carlos Miguélez

Posto 5 na candidatura de OUeC

carlos_miguelez

37 anos, desempregado

Ser político comprometido coa terra e coa xente

logotwtlogofb

 

 

Gústame traballar. Comecei aos 19 anos e pasei por diversos sectores: industria alimentaria, transporte, construcción…. Estiven catro anos emigrado en Portugal e estes oito últimos currei nas obras de construcción do AVE, na liña Ourense-Compostela. Quedei no paro.

Ata ben entrada a crise económica colaborei coa fundación Comparte e con Acnur durante preto de dez anos. Os meus intereses son a agroecoloxía, as enerxías renovables e o Comercio Xusto.

Practico a política en tódolos ámbitos da miña vida, considerando o consumo como o primeiro compromiso coa nosa terra e a sociedade. Afiliado a CCOO dende hai doce anos e ao PCG e a EU dende hai catro, asumindo a secretaría de comunicación en Ourense das dúas organizacións, ademais son membro do Consello Político Comarcal de EU dende hai dous anos.

Participo na Plataforma de apoio ás Marchas da Dignidade, asumindo a responsabilidade comarcal na última convocatoria, tamén estou na loita polo dereito ao aborto e na Plataforma Non ao TTIP. Ademais, colaboro na Plataforma Procampus Ourense, na SOS Sanidade Pública, na que reivindica Xustiza para tod@s e estou no foro feminista Falando-nos.

 

Deixa unha resposta