Emilio Rodríguez

Posto 9 na candidatura de OUeC

emilio_rodriguez

30 anos, estudante.

Creando cultura en común.

logotwt logofb

 

 

Son ourensán cen por cento, de barrio. Crecín e vivín sempre nas Lagoas. Levo formando parte en entornos de autoxestión dende os 13 anos, coa miña incorporación á Casa da Xuventude. Neste espazo para a mocidade participei até que as políticas de recortes derrubaron o acadado durante anos a través da participación de milleiros de mozas coa axuda do seu director, o xa finado Benito Losada. Alí aprendín, sendo membro do Consello de Xestión ao longo de 10 anos, como é a autoxestión e como a diversidade de opinións e a busca de consenso son as ferramentas que temos que desenvolver o noso día a día en común.

Na actualidade estou rematando a carreira de Maxisterio coa esperanza de ser mestre e axudar a facer das pequenas as cidadás do futuro. Antes estudei Enxeñería Técnica en Informática de Xestión, actividade que interrompín para emprender un pequeno negocio no casco vello, nada doado por certo.

En maio de 2011, sendo consciente de que ningunha organización política tiña a forma de actuar que sempre considerei a propicia para mudar as cousas, participei moi activamente no 15M e colaborei temporalmente en STOP Desafiuzamentos.

No eido da cultura participei en diferentes proxectos como en Arquigalión, un xogo de rol promovido polo Arquivo Histórico, ou na creación do xogo de mesa Tres de Troula, dentro do libro EBA 5.0. O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d’Esmorga. Ambos proxectos foron realizados a través da Difusora de Letras, Artes e Ideas. Na actualide pertenzo á Asociación Cultural Algaravía que ten como obxectivo a normalización do baile galego e a nosa música, dende aquí organizamos a foliada itinerante Venrespirar.

Formo parte de Ourense en Común dende o primeiro día. Os principios de horizontalidade, transparencia e participación radicais en que se basea son, segundo as miñas experiencias vitais, o xeito apropiado para facer que as institucións traballen con e para a xente. A xente do común queremos participar en política e gañar Ourense para as cidadás.

 

Deixa unha resposta

6 comments

  1. Cando me ameazaron e acosaron pola Rede, e eu conteicho, non só calaches senón que me desprezaches. Tamén o fixeron outras que se facían pasar por 15M, pero tiñan moi pouco do espírito aberto do movemento. Faime gracia que te presentes agora como alcalde, e por riba usando o nome do 15M. Nunca querería un alcalde tan pouco sensible, así que por suposto non te votarei, e espero sinceiramente que non saias elixido. Si todo o ánimo e forza ás demais compañeiras de Ourense en Común, que merecen gañar, para que gañemos todas. Todo isto é o que teño que dicir. Sorte.

  2. ¿como es que no pones en tu presentación tus simpatías por gente de AMI,Resistencia Galega etc…?
    Es mas interesante que te gusta el rol (igual que a mi).
    En fin.

  3. me imagino que con este aluvión de comentarios al cual te estas viendo sometido estáis desbordados y os resulta imposible contestar a nada.

    1. A verdade é que non contestei ás anteriores porque non preguntan nada, só son descalcificacións anónimas das que, todas sabemos, abondan no internet. Nesta, anque aínda anonimamente, preguntas algo lóxico, por que non respondín, e agardo que entendas o que aquí explico.

      Convídovos ás dúas, se é que sodes dúas, a preguntarme o que queirades saber de min, ou de OUeC, sempre dentro do respecto. Estarei encantado de responder. Ademais podedes contactar comigo e falarmos en persoa de calquera aspecto que consideredes oportuno.

      Un saúdo ás dúas (ou unha)!

      1. ¿como es que no pones en tu presentación tus simpatías por gente de AMI,Resistencia Galega etc…?

        insisto, esto es una pregunta.
        Se vos vou votar quero saber o que pensades, non se xogas o rol ou se participaches no 15M, cousa que por certo vaiche grande.

        Repito ¿como es que no pones en tu presentación tus simpatías por gente de AMI,Resistencia Galega etc…?¿defendes o uso da violencia dises descerebrados? e falame clariño non te enrrolles moito por favor.

      2. e mellor respondeme por aquí, en persona sería se foramos colegas ou algo, ti queres representar a xente, non teñas medo de mostrar o que pensas nun foro publico, como facias no facebook.