Esther Sobrado

Posto 16 na candidatura de OUeC

esther_sobrado

52 anos, funcionaria.

En contacto diario coa realidade máis crúa.

 

Traballo no Centro de Atención e Información da Seguridade Social, o meu cometido é 
informar e xestionar as prestacións ás que os cidadáns teñen dereito. É por isto que a diario estou en contacto coa realidade que, lonxe de cambiar, continúa sendo desfavorable para moitos e se isto pasa é porque o sistema faia, ten moitas carencias.

E se hai algo que me enerva especialmente é a manipulacion desta información por parte dos medios de comunicacion, públicos e privados, movidos por intereses empresariais e económicos ou por presións das administracións. Amosan estatísticas que están moi lonxe do que acontece a día de hoxe e o peor é que a xente as cre. Traballo con pesionistas a cotío e o futuro non pinta ben. Hai moito camiño que andar para mudar as mentalidades e para facer o cambio que desexa e precisa a sociedade, que dende o meu punto de vista así está claro que non funciona nada ben.

Creo en Ourense en Común porque somos persoas coma ti e coma min, que deciden traballar a prol do ben común e non é doado atopar esa actitude na política actual. Gustaríame que dende a base, que son os concellos, se iniciase un camiño de transformación profunda, porque os cambios de verdade, os que valen, teñen que facerse sempre dende abaixo.

 

 

Deixa unha resposta