Javier Octavio de Toledo

Posto 7 na candidatura de OUeC

JavierOctavio

32 anos, administrativo.

Empregado, un luxo nestes tempos.

logotwt

 

 

Foi ao coñecer o proxecto de Ourense en Común cando me impliquei de cheo na política. Dende abaixo, dende a base cidadá. Era o xeito que buscaba para traballar xunto con diversas forzas contra a élite que tenta facer unha revolución pasiva. É o momento de que nos impliquemos para facer entre todos e todas un mellor concello.

Estudei Relacións Laborais e por fortuna, ao contrario do que lle pasou a moitos compañeiros de Universidade, atopei pronto traballo. Unha excepción nos tempos que corren! Arestora son empregado dunha Xestoría Administrativa da cidade.

Colaboro coa Plataforma das Marchas da Dignidade dende setembro de 2014 e coa Plataforma de Defensa da Casa da Xuventude dende abril de 2015.

E gústame o teatro, fun membro de distintas asociacións culturais: en Vigo, Teatro Luna (da que estiven de presidente) e en Ourense, Teatro A sombra, Teatrino e Marañao Teatro. E é que sobre as táboas tamén se pode facer denuncia social.

 

Deixa unha resposta