Ledicia Piñeiro

Posto 2 na candidatura de OUeC

ledi_pineiro

27 anos, educadora social.

No traballo continuo por unha vida digna para todas.

logotwt logofb

 

 

Sempre fun unha rapaza moi inqueda, aos 15 anos comecei a participar no movemento asociativo xuvenil a través de Amencer. Desa época gardo grandes lembranzas, amigas e experiencias para toda a vida. No instituto quedei moi impresionada por varios sucesos sociais que marcaron a miña xeración. O primeiro foi o afundimento do Prestige e despois a Guerra de Irak e os atentados do 11 M. Naquel tempo sumeime a toda mobilización, folga ou concentración que se convocaba, nacía en min a responsabilidade de ser un ente social que empatiza coa dor das outras.

A través do movemento estudantil cheguei ata a Xuventude Comunista e ao seu proxecto político e social, Esquerda Unida. No traballo político organizado vivín unha das miñas maiores experiencias de aprendizaxe, en canto á capacidade de análise e ao método de traballo. Tras oito anos de militancia nestas dúas organizacións, deixeinas a comezos do 2014.

Na Universidade tomei contacto coa Aula de Teatro e comecei unha formación actoral con Sarabela Teatro. O desexo por profesionalizar a miña técnica fixo que participara en distintos seminarios e curso con mestres de varios países do mundo. Hoxe en día compaxino o traballo no social coa miña vocación interpretativa, sendo premiada o ano pasado no Certame Galego de Creadores Novos, Xuventude Crea.

Eu tamén emigrei como moitas mozas galegas. En Asturias tiven o meu primeiro traballo e conseguín volver a Ourense, a casa, cun currículo dirixido cara o traballo coas persoas en risco de exclusión social. Actualmente traballo coas persoas migrantes na Fundación Juan Soñador e formo parte do sindicato CUT (Central Unitaria de Traballadores/as) entendendo que a unidade das traballadoras é absolutamente necesaria para acadar unha vida digna

 

Deixa unha resposta

2 comments

  1. ¿qué opina Ourense en Común de la reciente convocatoria del Concello de Ourense, para la cobertura de la plaza de Educador social en el Centro de la mujer?

    1. Ola Robin! Coñecemos a demanda feita polo Ceesg, pero ate o de agora non tivemos acceso á convocatoria para poder analizala. Se dispós de ela agradecemos infinito se no la envías a ourenseencomun@ourense.gal.

      De calquera xeito, a semana próxima preguntaremos na Xunta de área correspondente. Un saudo!