Manolo Peña-Rey

Posto 27 na candidatura de OUeC

manolo_peña_rey

77 anos, medico xubilado.

Pero da loita aínda non me retiro.

Haberá poucos en Ourense que non me coñezan. Milito no PC dende 1964 e fun secretario Xeral do Partido Comunista de Galicia nos anos 90, agora Presidente de Honra. Estou en IU (EU) dende a súa fundación en 1986 e fun Coordinador Xeral de EU de Galicia a finais dos 90. No concello de Ourense estiven de edil polo PCG nas primeiras eleccións 1979-1983.

Represaliado políticamente en decembro de 1970 polo peche na catedral (50 persoas) contra as penas de morte do Proceso de Burgos e en Abril de 1971 pola loita contra a cota empresarial agraria. Expulsado do Hospital. Estivene detido na comisaría 7 días (estado de excepción) e ingreso na cadea polo TOP.

Delegado sindical por CCOO na Deputación de Ourense como traballador do hospital Sta. María Nai. Membro da directiva do Ateneo, prohibido dous anos despois de gañar as eleccións. Cando se nos legaliza fomos un revulsivo cultural e político a mediados dos anos 70. Entre as nosas actividades destacar os actos que culminarían nunha manifestación masiva obrigando a paralizar a instalación dunha celulosa na foxa do Miño. E sobre todo a homenaxe a Castelao co gallo do 25 aniversario da súa morte.

Formei parte dende a súa fundación da primera asociación ecoloxista de España, AEORMA e na fundación de ADEGA. Agora pertenzo á Sociedade Galega de Historia Natural. E é que malia esta traxectoria vital non quero quedar sentado. Por iso pecho a lista de Ourense en Común.

 

 

Deixa unha resposta