María Durán

Posto 20 na candidatura de OUeC

maria_duran

32 anos, responsable de recursos naturais na ONG Amigos da Terra.

Teño sorte, traballo no que me gusta.

Defínome como unha persoa comprometida socialmente e crítica co que me rodea. Son sobre todo optimista, con ganas de ser parte da solución en non do problema. Por iso son activista do movemento ecoloxista e social dende hai dez anos en diferentes colectivos (APDR, SGHN e Amigos da Terra). Ademais son socia cooperativista de Árbore Consumo Consciente e Som Energía, así como fundadora de Aldea S.C.G. Dende aquí levo oito anos traballando pola redución dos residuos en Galicia e amosando as vantaxes dun modelo baseado na compostaxe.

Tento pensar globalmente e actuar localmente, facendo política dos actos cotiáns: por Ourense desplázome en bici, merco a través do grupo de consumo aínda que produzo tamén parte dos meus alimentos, consumo só enerxía renovable na miña vivenda e tamén teño os meus aforros na banca ética. Este xeito de vida é o que defende Ourense en Común.

 

 

Deixa unha resposta