Mario Ortiz

Posto 25 na candidatura de OUeC

mario_ortiz

47 anos, profesor de universidade

Activista dixital experto en procesos participativos

logotwtlogofb

 

 

Nacín na República Mexicana vai case medio século. Dende hai doce anos fixen de Ourense a miña terra de acollida e de Galicia a miña segunda patria, adicándome principalmente a tratar de exercer aquí de parella e pai corresponsable.

Son tutor na UNED, docente autónomo e titiripeuta experto en xénero e prevención contra a violencia machista. Actualmente son tamén profesor interino na Facultade de Turismo, impartindo a parte práctica da materia Patrimonio Cultural, área de Antropoloxía Socio-Cultural. As miñas deformacións académicas abarcan o humanismo, a historia e a antropoloxía. As profesionais van dende a edición editorial e a comunicación ata a docencia.

Nos meus ratos libres son dende hai anos activista dixital e presencial ao redor de diversos movementos que surxen da convocatoria da Plataforma Democracia Real, Ya!, 15M e Plan de Rescate Ciudadana entre outros. Máis recentemente colaborei coa Rede Cidadá do Partido X e trato de sumar a miña experiencia a todo o que sexa construír, dende abaixo, unha Democracia digna dese nome. O meu principio ético en común: Todo para todas, nada para nosotras!

 

 

Deixa unha resposta