Marta Seoane

Posto 22 na candidatura de OUeC

marta_seoane

63 anos, xubilada da administración.

Protestona.

logofb

 

 

Empecei a traballar no ano 1972, aos 21 anos, despois de aprobar unha oposición á Administración do Estado. Primeiro estiven na Delegación de Educación e despois no Servizo de Xuventude ata que me xubilei.

Son nai de dous fillos que rondan os cuarenta e durante oito anos tiven que compaxinar o meu traballo de funcionaria coa xestión dun comercio que era propiedade do meu marido. Foi nese momento, ao quedar viúva, cando deixei por falta de tempo a Federación de Administración Pública de CC.OO en Ourense.

Pertencín ao Partido Comunista de Galicia dende a súa legalización, o que levou a que no 23F de 1981 me incluisen na lista de persoas para arrestar se vencía o golpe de estado. Hoxe milito en Esquerda Unida e únome sempre que podo aos movementos pola defensa dos nosos dereitos. Estiven na Plataforma contra a construcción do Centro Comercial, colaboro con distinas ONG, coa flotilla “Rumbo a Gaza” e con protectoras de animais. Recentemente estou moi activa en STOP DESAFIUZAMENTOS.

Considérome profundamente de esquerdas e internacionalista e como tal non só me preocupan os meus concidadáns senón tódolos seres humanos e debemos actuar en tódalas frontes posibles. Estou contra tódalas guerras pero as invasións para roubar os productos naturais (como o petróleo) parécenme de miserables. Son unha namorada do Magreb e particularmente do Sáhara e das súas xentes.

 

 

Deixa unha resposta