Martiño Ramos Soto

Posto 29 na candidatura de OUeC (segundo suplente)

martiño_ramos

40 anos, mestre.

Botando unha man en facer unha cidade mellor.

logotwt logofb

 

 

Do 75. Vivo no barrio das Lagoas. Son orgulloso pai dunha peque de 5 anos e profe de música no cole de Cea. Colaborei en Nunca Máis, na Burla Negra, en Non á Guerra, no Comité de Defensa do Monte Galego, en Galiza non se Vende e no 15M. Hai anos participei da feliz idea de crear a Bela Auria. Colaboro co Día de NÓS. Tiven a fortuna de formar parte dun dos mellores coros da cidade, a Capela Madrigalista e de fundar e dirixir o seu coro de Nenos Cantores. Gústame a música, o cinema, a innovación educativa, a cultura de base, a autoxestión e a loita polo ben común. Creo firmemente que na crianza respectada das nosas fillas está parte da resposta que a sociedade precisa. E confío en que o proxecto de Ourense en Común, do que formo parte dende o xermolo, cheo de xente preparada e con ilusión, sexa o que conquiste a cidade que tanto precisamos.

 

 

Deixa unha resposta