Martiño Xosé Vázquez

Posto 3 na candidatura de OUeC

martinxvm

31 anos, arqueólogo.

Activista do procomún.

logotwt logofb

 

 

Dende neno gostei do noso patrimonio pola profesión do meu pai e da miña nai. Cursei a licenciatura en Historia pola Universidade de Vigo entre os anos 2002-2007 e nos derradeiros anos de carreira comecei xa a miña relación profesional coa arqueoloxía, que aínda segue a quitarme o sono. Dende o ano 2007, xa integrado no Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, achegueime ao mundo da investigación do noso Patrimonio Cultural. Doutoramento, posgraos, artigos científicos, máster, proxectos I+D, algunha que outra hora de docencia universitaria… E nisto aínda sigo, creando ademais unha pequena empresa cooperativa no ámbito da economía social.

Pero en paralelo a miña formación e profesión, son activista do procomún. Primeiro na Universidade e nas “extitucións”. A degradación do noso sistema democrático e o aumento nas desigualdades sociais obrigou despois a asumir un papel proactivo, para acadar a transformación dende dentro, nas institucións. Por iso naceu Ourense en Común.

 

Deixa unha resposta