Mavi Calviño

Posto 6 na candidatura de OUeC

mavi_calviño

53 anos, funcionaria.

Con sentidiño e altofalante en man.

logotwt logofb

 

 

Dende o ano 1978, en plena transición, cando estaba estudando Enxeñería Técnica de Informática de Xestión na por entón Universidade Laboral de Vigo, estiven implicada en diversos movementos estudiantís que marcaron o meu futuro.

Comecei a traballar hai trinta anos na empresa privada pero ao pouco entrei no Instituto Nacional da Seguridade Social primeiro como persoal laboral e despois como funcionaria. A miña continua participación en manifestacións a prol dos dereitos das traballadoras e traballadores levoume a integrarme nos anos noventa nun sindicato (UGT) no que cheguei a formar parte da executiva comarcal, primeiro como vogal e posteriormente como Secretaria de Organización. A partir do ano 2007, vendo que os sindicatos estaban perdendo a súa labor orixinal, decidín orientar as miñas inquedanzas a defender os dereitos de tódalas cidadás e cidadáns, involucrándome noutro tipo de plataformas de carácter máis social ca laboral.

No ano 2012 entrei a formar parte da Asociación Movemento FUE, adicada concretamente á defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos, non só no seu aspecto retributivo, tamén e sobre todo no tocante á dignidade laboral e á recuperación de prestixio ante a cidadanía. Dende este colectivo participamos en moitas e diversas mobilizacións: Marea Cidadá, Marchas da Dignidade, Bloque Crítico, Venres Negros…. Buscando canalizar as reivindicacións das rúas, FUE decidiu no ano 2013 fundar o partido político Demos+, que concorreu ás Eleccións Europeas dentro da coalición Primavera Europea. No caso de Ourense, confluíu plenamente con Ourense en Común achegando forzas para a transformación política que todas e todos precisamos.

 

Deixa unha resposta