Miguel Doval

Candidato a ALCALDE por OUeC

miguel_doval

63 anos, empregado de banca xubilado.

Tres décadas no activismo social.

logotwt logofb

 

 

Comecei loitando na mellora da educación pública das nosas fillas e fillos alá polo 1985, cando fun Presidente da ANPA do Lagoas III (hoxe Mestre Vide). Fundei a primeira escola de pais e nais de Ourense. No 89, compaxinei este traballo co activismo veciñal, primeiro no meu barrio, no Polvorín, onde acadamos a tan agardada mellora das infraestructuras. Despois fun o promotor e o primeiro presidente da Federación de AA. VV Limiar e no 2003 creei o colectivo cidadán “Anacos da Cidade”, integrado en ESCUA. Deste xeito mediei na resolución de conflictos clave en Ourense como a elaboración do PXOM e a canalización dos ríos.

No ámbito da cultura, axudei a recuperar as festas tradicionais nos barrios da nosa cidade, creamos grupos de baile e música galega, bibliotecas, cines de barrio, obradoiros de xogos populares, escolas de fubito…
Organicei e participei en numerosas xornadas sobre dereitos da infancia, educación para a paz, pola igualdade de xénero… Así como cursos de alfabetización informática para persoas maiores e obradoiros de fotografía nos que a pretensión era visibilizar aos máis desfavorecidos.

As miñas gañas por axudar aos que máis o precisan levoume ata os campos de refuxiados do Sáhara onde estiven de voluntario.

Gustaríame lembrar tódalas guerras pacíficas nas que estuven, desculpen se me esquezo dalgunha. Traballei polas nosas Burgas, por Salvar o Tren, por ter uns Ríos Limpos e por defender a Casa da Xuventude trala morte do compañeiro Benito Losada. Colaboro coa xente que traballa na Plataforma SOS Sanidade Pública e en xeral en calquera colectivo que defenda o nosos municipio e os nosos dereitos.

Todo este traballo, do que non se reciben títulos académicos, fixo que estuvera sempre moi cerca dos veciños e as veciñas de Ourense, de tódolas barrios e aldeas do concello. Fixen así de trasmisor, en incontables ocasións, das súas demandas e desexos. É hora de que agora sexamos nós, os cidadáns, os que xestionemos o noso.

 

Deixa unha resposta

1 comment

  1. que sorte poder compartir candidatura con Miguel Doval! Moitos anos despois, volvemos compartir proxecto, desta, probablemente, o máis importante, conquerir unha cidade activa políticamente, que decida cada día o que quere ser, sempre coa mira posta na defensa dos dereitos civís, laborais, medioambientais, culturais,… Queda moito traballo por diante! Lograremolo.