Montse Malvar

Posto 8 na candidatura de OUeC

montse_malvar

43 anos, auxilar de enfermería.

Muller dinámica no paro.

logofb

 

 

Fago o que podo para sobrevivir. Contrátanme dous meses nunha residencia de maiores, bótanme á rúa e así ano tras ano. O meu son as persoas, coidar delas, de tantos dependentes que o precisan, por iso estudei Auxiliar de Enfermería e fixen varios cursos de Animadora Socio Cultural.
 
Dende que teño uso de razón participo na loita social, pasando polo Non á Guerra ata o Nunca Máis e como non, boteime tamén ás prazas no 15M. Estou en Amarante Setem e son colaboradora de Amigos da Terra.
 
Penso que todas e todos temos que implicarnos en política para que en Ourense, a cidade que quero, haxa traballo, benestar social e infraestructuras que respecten o medio. Quero o ben común para as ourensás e os ourensás.

 

Deixa unha resposta