Montserrat Valencia

Posto 4 na candidatura de OUeC

38 anos, asesora xurídica e activista en continua formación.

Acabo de ser nai.

logotwt logofb

 

 

Comecei a miña andaina solidaria ben nova, facendo voluntariado social en Alento e colaborando con Greenpeace e con grupos de protección animal. Estudei Dereito nesta nosa cidade, sempre coa idea de traballar na proteccion xurídico ambiental, tan descoñecida aínda a día de hoxe pero tan necesaria. No Máster sobre Dereito Urbanístico e Medio Ambiente presentei un traballo sobre a participación pública en proxectos ambientais que me levou a dar clases no Máster sobre Cambio Climático.

Inicieime no mundo laboral no Concello de Vigo, na oficina de inmigración, e pouco despois volvín a Ourense para ser a asesora xurídica de Amigos da Terra. Seguidamente traballei no sector das enerxias renovables como xestora de proxectos e montei unha consultora ambiental na que fago traballos como autónoma, sufrindo os prexuízos e discriminacións que en España padecen os traballadores e traballadoras por conta propia. Sígome formando, agora como técnica de cooperativas e asesora en custodia do territorio

Son membro de PLABALI (Plataforma pola defensa da Baixa Limia) porque son natural do Xurés, terra que me apaixoa. Son socia de A Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa, simpatizante de EQUO e co-fundadora de RADA, a “Red de Abogados para la Defensa Ambiental” formada en Bruxelas entre xuristas que nos coñecemos cando levei ao Parlamento Europeo o caso das canteiras do Courel.

Encantaríame que Ourense en Común, o método axeitado para facer dunha necesidade no concello unha realidade, me impulsara a traballar dende dentro por unha cidade activa, sostible e chea de oportunidades, que devolva a ilusión á xente.

 

Deixa unha resposta

1 comment

  1. Ola Montse: sígovos dende Toledo xa que coñeco a Miguel fai moitos anos, e dame un pouco de envexa, bueno un pouco non, moita envexa non poder participar no voso proxecto…
    Aquí en Toledo formo parte dunha Asociación Veciñal chamada “El Tajo”, e nela temos un grupo de traballo de Medio Ambente polo que vexo que che falta sen membro da Plataforma por un nuevo modelo Energético.
    Moita sorte na vosa andadura.
    Un biquo