Rafael Manuel Fernández

Posto 21 na candidatura de OUeC

rafael_manuel

50 anos, traballador do Sergas.

Non hai pobres, hai empobrecidos.

logotwt logofb

 

 

A loita contra a pobreza debe ser prioridade de toda acción: “Las causas de la pobreza y las desigualdades cada vez más grandes entre los seres humanos están en decisiones políticas, donde el beneficio de unos pocos prevalece sobre el bienestar de muchos. Es hora de que en el ámbito de la política se dé voz a los que hasta ahora estaban silenciados, los empobrecidos”. M+J

Tendo en conta sempre este ideario, traballei dende distintos colectivos do ámbito social. Fun coordinador do Comité Local da ONG Taller de Solidaridad e participei no Programa de Cooperación Yachay Wasy con nenos e nenas quechuas en Parota (Potosí – Bolivia), experiencias que me marcaron na miña forma de ver a vida e me fixeron implicarme polo cambio.

Publiquei distintos artigos sobre pobreza, inmigración e dereitos humanos en publicacións nacionais. Dirixín e presentei programas de temática social en Radio Benposta e participo habitualmente como tertuliano no programa En Portada de Telemiño.

Son o coordinador en Galicia de Por Un Mundo Más Justo, partido do que fun tamén Secretario de Organización a nivel estatal.

Ademais compaxino este labor social co meu traballo no Sergas e coa miña paixón polo deporte, sendo coordinador dos equipos de base do Club Baloncesto Feminino Pavillón Ourense e Presidente da Asociación Deportiva do Colexio San José, onde tamén fun presidente da ANPA durante varios anos.

 

 

Deixa unha resposta