Rita González

Posto 26 na candidatura de OUeC

rita-gonzalez

51 anos, mestra.

Quero renovar Ourense..

logofb

 

 

A renovación pedagóxica é o que a nivel profesional máis me interesa. Nos oitenta fundei un colexio baixo eses principios, sendo a directora e a presidenta da cooperativa. Na actualidade son docente no ensino público.

A militancia en tódalas organizacións e na miña vida laboral está ligada a Ourense, como cando participei de fundadora do Club Alexandre Bóveda. Son socia do Club Alpino Ourensán e da Sociedade Xeográfica Ourensá. Estou afiliada a ANOVA Irmandade Nacionalista e á CUT (Central Unitaria de Traballadores).

A nivel persoal, e por extensión en tódolos ámbitos, a honestidade, a xenerosidade e a lealdade son as virtudes que máis valoro. Pois iso formo parte de Ourense en Común, atopei aquí a ferramenta que buscaba para renovar o concello. Penso que este é o partido instrumental axeitado para que dunha vez por todas academos unha representación real, só así se deixará de gobernar para uns poucos. É o momento de participar e non é só un dereito, é unha obriga como cidadá..

 

 

Deixa unha resposta