Victoria Diéguez

Posto 12 na candidatura de OUeC

victoria_dieguez

45 anos, avogada.

Feminista e de esquerdas.

logotwt

 

 

Levo 17 anos traballando de avogada, conto cun despacho profesional propio no que me especialicei en dereito de familia. Socia da Asociacion de Mulleres Xuristas Themis. Tanto nos estudos, fixen un Posgrao en Estudos de Xénero, coma despois no mundo laboral enfoquei os meus folgos en tentar resolver coflitos sociais.

Involucrada dende sempre na loita pola igualdade de oportunidades para homes e mulleres, considérome feminista. A esta causa procuro que sirva o exercicio da miña profesión e por iso hai moitos asuntos que rexeito pola miña condición feminista e de esquerdas. Creo que a única maneira de construír unha sociedad igualitaria é precisamente dende a esquerda e dende o feminismo.

É o momento de cambiar o perfil das persoas que dirixen a nosa cidade, que sexan persoas de a pé para que todo o mundo se sinta representada/o e para promover un modelo de política dialogante malia a diferencia de puntos de vista. Precisamos unha renovación democrática e unha política integradora e de calidade que procure atender ás necesidades da cidadanía nun momento no que hai persoas, familias que o están pasando moi mal, para elas debe traballar o noso concello.

 

 

 

Deixa unha resposta