Xabier Alberto Fernández

Posto 19 na candidatura de OUeC

xabier_alberto

48 anos, empresario e reporteiro gráfico.

Na loita pola defensa da natureza.

logofb

 

 

Nos anos 90 participei na formación da Coordinadora da Defensa da Natureza Ourensá, traballando activamente contra a instalación de minicentrais hidraúlicas, obxectivo que en ocasións acadamos. Tamén formo parte da Asociación “Fato cultural os Chaos” e de “O Brote”, orientando a miña loita cara a defensa da cultura e do patrimonio natural de Galiza.

Traballo na empresa familiar e de reporteiro gráfico na televisión pública de Galiza, a TVG. O tempo libre adícoo a ler e aos deportes de risco. Viaxar é outra das miñas paixóns. Coido que a miña gran virtude é non darme nunca por vencido e son un gran defensor das inxustizas sociais, o que me ten costado máis dun disgusto.

Apoio Ourense en Común para poder ter dunha vez por todas a cidade que nos merecemos, e temos tódolos ingredientes para facelo: patrimonio, xente con ideas e potencial económico. Só nos falta unha boa xestión.

 

 

Deixa unha resposta