Xosé Dorrío

Posto 31 na candidatura de OUeC (cuarto suplente)

xose_dorrio

39 anos, técnico de Emprego e Desenvolvemento Local, desempregado.

Ciberactivista perseguindo inxustizas.

logotwt logofb

 

 

Entendo a política como o único instrumento válido de resolución dos problemas comúns, por iso participo dende hai anos e de xeito activo en diferentes organizacións na vida pública. Esa é unha das miñas grandes paixóns. Entre a gran cantidade de asuntos que atinxe o goberno do público, preocúpame, como a tantos, o emprego e neste eido procurei especializarme. Conto con dúas licenciaturas, Dereito e Ciencias do Traballo, así como dous másters, Axente de Emprego e Dirección de Persoas. Procuro facer uso dos meus coñecementos denunciando aquelas actuacións socialmente inxustas, xa sexa publicamente, acudindo ao defensor do pobo ou ante os órganos de xustiza. Son socio, dende o seu inicio, da Asociación de Galiza Co Galego e creador da Cooperativa Avoaescola, que pretende garantir unha educación en galego. Tamén son socio cooperativista de NOSAENERXÍA, unha cooperativa de consumidores de enerxía eléctrica renovable e, por tanto, cliente de enerxía limpa. Considérome un nativo dixital e para moitos, pola miña actitude reivindicativa, son tamén un ciberactivista. Resumindo, involúcrome na defensa da miña lingua, do medio ambiente e na denuncia da inxustiza.

 

 

Deixa unha resposta

2 comments

  1. Estoy contigo . Animo y adelante