Como se confeccionou?

Despois da anulación das primarias abertas nas que se detectaron prácticas ilexítimas co Código Ético e os valores recollidos nos documentos constituíntes de principios e obxectivos de Ourense en Común (ver o comunicado post-primarias abertas); a asemblea cidadá do día 27 de marzo decidiu por consenso implementar unha nova fórmula para elaborar a lista de candidaturas. Perante a falta de tempo para a inscrición da lista ante a Xunta Electoral de Zona desbotouse a posibilidade de realizar unhas novas primarias abertas cidadás que contasen con todas as garantías necesarias. Xa que logo apostouse por unha fórmula mixta que combina a lexitimidade e garantías da elaboración dunha lista de consenso cun referendo cidadán no que poderán participar todas as persoas asinantes do manifesto inicial que demostren ter unha vinculación directa co propio Concello de Ourense.

A asemblea aberta celebrada o día 01/04/2015 no Edificio de Ferro do Campus de Ourense decidiu as cinco mulleres e os cinco homes que deberán ordenar as persoas asinantes dese manifesto inicial. O método implementado para elaborar esa lista foi o seguinte:

  • Inventario de todas as persoas candidatas ás primarias anteriores que manifestaron a súa vontade de continuar no proceso. Da lista inicial só dúas persoas foron excluídas.
  • Establecemento de todos os criterios obxectivos posibles de carácter cuantitativo e cualitativo. Algúns destes foron participación, implicación e capacidade.
  • Valoración e suma da posesión ou non destes criterios sempre apelando ao maior grao de consenso da propia asemblea. A escala adoptada quedaba conformada por:
    • De 0 a 10 votos: 0 puntos
    • De 11 a 17 votos: 1 punto
    • De 18 a 20 votos: 2 puntos
    • Máis de 21: 3 puntos

Tes a información sobre estas asembleas no noso apartado de Transparencia. Finalmente a lista resultante queda conformada polas seguintes persoas:

MONTSERRAT VALENCIA (8 puntos)
MARAVILLAS CALVIÑO (8 puntos)
MONTSERRAT MALVAR (7 puntos)
LEDICIA PIÑEIRO (7 puntos)
*TANIA BOUZO (5 puntos) [Renuncia]
CARLOS MIGUÉLEZ (8 puntos)
EMILIO RODRÍGUEZ (8 puntos)
JAVIER OCTAVIO DE TOLEDO (8 puntos)
MARTIÑO XOSÉ VÁZQUEZ (8 puntos)
MIGUEL DOVAL (8 puntos)

A votación que ordenou a estas persoas realizouse o sábado 11 de abril mediante voto telemático e presencial. 164 persoas acudiron a votar e ordenaron finalmente a lista electoral coa que Ourense en Común se presentará ás eleccións municipais do mes de maio. Esta lista foi referendada na Asemblea Aberta de Garantías Éticas do luns 13/04/2015 na que se completaron o resto de postos da lista, resultando esta Candidatura de OUeC.

Nesta ligazón tes o resumo cos resultados do escrutinio da votación: Resumo e escrutinio do 11 de abril

Deixa unha resposta

14 comments

  1. Entendo que nos vades a enviar o que temos que facer para votar, e entendo tamén que podemos votar telemáticamente. Pero en algún lugar leín que deberíamos manifestar hoxr a intención de voto. Si é así avisádeme. Grazas.

    1. Ola Pilar!

      Se estás interesada na votación telemática tes que cubrir este formulario (http://www.ophiusa.es/formularios/view.php?id=1787). O prazo remata hoxe!!

      Tes máis información sobre o proceso aquí: http://ourenseencomun.info/candidatura/voto-a-distancia

      Apertas!

  2. Manuela Gallego Rodríguez

    Sorte!!!!!!!!!!!

  3. Unha lista moi equilibrada e con persoas super-coñecidas en Ou (modo retranca on). De 10 persoas 8 son “do grupo independente” de Miguel Doval.

  4. Todo muy bien y siempre en gallego eh… el que no lo entienda que se fastidie. Ourense en común!!!

    1. lo de esperar por el moderador para que mi mensaje sea público es muy de transparencia…

      1. Ola Jose! A nosa lingua, o galego, é tamén un ben común, que amamos e queremos protexer. Pero respectamos a lingua en que queira expersarse cada un. Polo dagora, a páxina web só está en galego, agás o noso manifesto, que grazas á colaboración de varias compañeiras está traducido ao castelán e ao inglés. Animámoste a participar en Ourense en Comñun e a colaborar na traducción de todos os nosos textos para que poidan estar en cantas máis linguas mellor.

        Un saúdo! Grazas polos teus comentarios!

        1. Me pasa igual que a Jose. En mi caso, soy de otra comunidad autónoma pero llevo empadronado en Ourense desde hace 5 años. Entiendo que vuestra lengua es el gallego, pero oficialmente tambien el español, y yo por la calle oigo a muchos gallegos que hablan en español. Me parece muy cínico el comentario escrito por el moderador el 19 de Abril a las 10.41 A.M. Primero, contesta a Jose en gallego, aun sabiendo que no lo entiende bien., y segundo, compara al “castelán” con el inglés. Lengua oficial en Galicia, como todo el mundo sabe.

          Realmente me he metido en vuestra web ya que ideológicamente pensaba que podia ser mas cercano a vosotros, pero con respuestas como la leída por parte del moderador me parece que tendré que buscar otras opciones. Ourense en común creo que debe ser de todos, pero si no entiendo de que va, complicado va a ser sentirme aceptado. Gracias.

  5. demos + poder al ciudadano, juntos po DEMOS +

  6. henrique garcia rodriguez

    Apoio a esta candidatura cidadán. Como ven sabedes algúns e algunhas estou en ANOVA mais non partillo a decisión da organización para afastarse do proxecto de OURENSE en COMÚN.
    Acretido neta opción, como verdadeira renovación da politica, local, pero miro maís alá, e vexo este proxecto local como parte dun proceso nacional galego e europeo.
    Unha nova sociedade é posibel
    A honestidade na politica é necesaria
    A confluencia social conquírese desde a xenorosidade
    A democracia participativa é a melhor ferramenta para defender á cidadanía ante despotismo financieiro
    A renovación politica é necesaria

    Agradecería que me incluisedes na vosa rolda de contactos

    Saudos e adiante con OURENSE en COMÚN

    1. Grazas Henrique polo teu apoio. Trasladamos a túa petición para que sexas incluído na rolda de correo e recibas toda a información de Ourense en Común o antes posible. Animámoste a participar e convidámoste a que te achegues ás asembleas para participar directamente. Desculpas polo retraso en contestar! Un saúdo!

  7. Una pena que de 1600 personas solo fueran a votar 164. Algo falla cuando ya no hay ilusion. Vale que falta la gente de Anova y Compromiso, pero aun asi hay que reconocer errores y porque gente independiente abandono el proyecto. Tal vez porque estaba pervettido desde el principio para que ganasen si o si los que una cupula dirigente decidisteis. Gran decepcion al comprobar que al final haceis lo mismo que los demas pero con menos experiencia.

    1. Ola José Antonio!
      Ninguén máis que nós quedou decepcionado con todo o acontecido dende a anulación das Primarias Cidadás Abertas, unha medida que foi imprencindible para poder avanzar, debido ás prácticas irregulares, contrarias ao código ético e aos regulamentos internos de Ourense en Común por parte dalgunhas persoas de formacións políticas que confluían na candidatura cidadá de Ourense en Común. Esas persoas que non souberon entender este proceso de participación política simplemente autoexcluíronse. Xa demos explicacións sobre iso, invitámoste a ver a nosa última Rolda de Prensa en que explicamos todo o acontecido. https://www.youtube.com/watch?v=ttntx7lHR8s Dos erro apréndese.

      Pero agora toca mirar cara o futuro, sentímonos fortes e ilusionadas e estamos contruíndo en común un modelo de cidade que poremos en marcha a través dun ambicioso Programa Participativo. Convidámoste a que esteas atento aos nosos próximos actos!

      Un saúdo! Grazas polos teus comentarios!

  8. Ola! Grazas polos vosos comentarios! Pedimos desculpas por non ter contestado antes, pero estamos inmersas na redacción do noso Programa Participativo e todas as mans fanse poucas. A partir de agora imos intentar ser máis áxiles á hora de responder. Un saúdo!