Un Ourense de todas

Foto: reunión 24 de febreiro con colectivos e familias O grupo municipal de Ourense en Común asistiu onte a convocatoria para a constitución dunha plataforma en defensa da creación dun centro de educación especial para maiores de 21 anos xunto con numerosos colectivos, organizacións sindicais, persoas a título individual, familias afectadas e todos os grupos […]

O grupo municipal Ourense en Común presentará no pleno ordinario do próximo venres unha moción para a creación dun Parlamento da Infancia, xestionado a través do propio Consello Municipal da Infancia. O Concello de Ourense está a recibir nas últimas semanas visitas de varios colexios infantís. Como pode comprobarse nos diferentes medios de comunicación dous […]

O grupo municipal Ourense en Común amosa dúbidas sobre a construción dun centro interxeracional, sobre criterios para a xustificación do proxecto, a porcentaxe do investimento público e o aportado pola Fundación Amancio Ortega así como pola futura xestión dese espazo. Ourense en Común requirirá toda a información en poder da Concellería de Benestar Social sobre […]

O grupo municipal de Ourense en Común non participará en ningún caso dun goberno de coalición nesta lexislatura xunto con PSOE e DO. Hoxe luns 22 de febreiro o grupo de traballo institucional de OUeC recibía un documento asinado por Gonzalo Pérez Jácome, como portavoz da formación política Democracia Ourensana, na que se instaba ao noso grupo […]

O grupo municipal de Ourense en Común entregaba onte por rexistro unha instancia para que o Partido Popular convoque con carácter de urxencia unha xunta de portavoces de carácter monográfico con motivo da reunión do alcalde Ourense en Madrid sobre a Estación Intermodal. Segundo se desprende da información publicada en varios xornais de hoxe, o  […]

O grupo municipal OUeC alerta á concelleira Sofía Godoy que hai persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social que non son atendidas polos Servizos Sociais, polo que a labor destes non pode limitarse a comparar os listados. O Concello de Ourense asegura que ningunha persoas en situación de pobreza ou exclusión social sufrirá corte […]

Onte os medios de comunicación locais recollían como só 11 dos 27 edís do Concello de Ourense tiñan á vista as súas declaracións de bens. Dende Ourense en Común queremos manifestar o noso malestar tanto co grupo municipal  Democracia Ourensana como cos oito concelleiros do Partido Popular que non fixeron pública a súa declaración de […]

O carácter ambigüo do texto quedou remarcado na Mesa-Debate celebrada o pasado luns 15 de febreiro e organizada polo grupo municipal Ourense en Común co fin de que os hostaleiros, as veciñas e outros colectivos fixeran as súas achegas ao texto do borrador da ordenanza que o concello aprobará nos próximos meses. O pasado mes […]