Un Ourense de todas

Asunción González, asasinada o 28 de abril de 1891, foi a primeira vítima por violencia machista declarada e documentada en Ourense. Ourense en Común proporá no pleno do mes de abril nomear unha praza co nome co que foi recordada (Pobre Asunción) como símbolo contra os asasinatos machistas e en recoñecemento a todas as mulleres […]

Ourense en Común quere garantir que non se repitan situacións como as vividas polas traballadoras de Linorsa e Seralia nos últimos meses. Ate o de agora só a ponderación económica tense en conta no momento de adxudicar contratos. Ourense en Común solicita que se teña en conta a necesidade de non incidir negativamente sobre as […]

Ourense en Común optará pola abstención na solicitude de Democracia Ourensana ao existir “numerosas incoherencias” na súa proposta. O grupo municipal Ourense en Común comunica que ten decidida xa a súa posición de voto para o pleno extraordinario de mañá martes, solicitado por Democracia Ourensana para pedir a dimisión do alcalde se non consigue unha […]

08/02/2016 Intervención de Ourense en Común no pleno de reprobación a Jesús Vázquez Abad (Alcalde do Concello de Ourense) (Baixa o documento en PDF) 07/06/2013 Intervención de Susana Gómez, antiga edil de Democracia Ourensana, instando á oposición a «abandonar o xogo das reprobacións e ser valentes propoñendo unha moción de censura. Do contrario que fagan […]

Ourense en Común presentou no pleno de novembro unha moción para a constitución dun órgano de xestión municipal que atendera as necesidades de conservación, mantemento e promoción do Patrimonio Cultural e Natural do Concello de Ourense. Proposta votada en contra por Democracia Ourensana e Partido Popular, coa abstención do Partido Socialista.     “De terse […]

Ourense en Común analiza con preocupación a banalización do debate sobre o carácter vinculante das resolucións plenarias e advirte que esta só responde a unha estratexia política de quen pretende promover unha moción de censura.   “O carácter vinculante ou non das mocións é algo que aparece recollido no Regulamento Orgánico de Goberno e Organización […]

O órgano colexiado do grupo municipal Ourense en Común decidía en asemblea apoiar as dúas propostas que  Democracia Ourensana presentará no pleno. Especialmente interesante consideran a relativa á integración dos nenos en risco de exclusión social nos servizos de deportes: “apoiamos porque é unha medida que avanza en xustiza social, un dos nosos principios fundamentais”. […]

Ourense en Común presentará maña no Pleno tres mocións: unha sobre a remunicipalización dos servizos municipais, outra sobre a participación do concello nunha cooperativa de enerxía renovable e a última, sobre a regularización das actividades nas rúas da cidade.   Ourense en Común solicitará no pleno a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións […]