Un Ourense de todas

“O código de Boa Gobernanza establece os principios dos que Ourense en Común se fornece para a posta en práctica do noso modelo de goberno. A boa gobernanza, é a gobernanza para o Ben Común”, destacou Mavi Calviño, candidata de OUeC. Constituirase un Grupo de Traballo Institucional (GTI) que estará composto por todas as persoas […]

Ourense en Común continúa coa súa campaña electoral apostando polo contacto coa veciñanza e a creatividade Dúas actividades lúdico-culturais encheron a xornada do sábado; pola mañá, co foco posto na defensa do comercio local, o safari fotográfico “O Sentido Común”, percorreu barrios e contorna retratando o estado do pequeno comercio e a agricultura de proximidade, […]

Temos fame de cultura
15 Maio, 2015

No que levamos de campaña non houbo un día que non sairamos á rúa. E ben que o pasamos. Paseo crítico para descubrir os segredos e tesouros do Ourense que nos negamos a esquecer, marchas en bicicleta, tempo para compartir cos cativos contos e debuxos…e o que aínda está por vir! Creatividade a mantenta. Curiosidade. […]

A visita guiada por unha historiadora percorreu a rúa do Progreso dende a Ponte Romana e serviu para visibilizar a realidade urbanística da arteria principal da cidade. No roteiro crítico lembrouse o pasado dos edificios históricos espallados nunha rúa onde a arte e o patrimonio cultural se mesturan co desastre, pero tamén coa esperanza de […]

Pola mañá nos xardíns do Padre Feijoo estableceuse un espazo de lecer interactivo para nenas e nenos. Pola tarde, unha marcha ciclista percorreu a cidade reivindicando a mobilidade sostible. Ourense en común puxo en marcha a súa campaña electoral apostando polo contacto directo coa veciñanza, o autofinanzamento, a austeridade e a creatividade. Deste xeito, os […]

Ourense en Común xa gañou
5 Maio, 2015

Ourense en Común xa gañou. Por que? Porque non precisamos gobernar para levar a cabo o tan desexado e necesario cambio, nós xa comezamos a mudar o xeito de facer política. Como? Empuxando aos partidos políticos tradicionais, e mesmo tamén ao que se financiou ilegalmente, a sumarse ao carro da participación e da transparencia. Gañamos […]

Ourense en Común quere manifestar o seu apoio ao documento emitido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) respecto da organización de debates electorais entre as distintas forzas que se presentan ás eleccións municipais do 24 de maio. Asumimos que só con información de calidade e transparente, poderase exercer unha democracia plena. Como xa […]