Código ético

FASE DE BORRADOR

Imaxe promocional do proceso de confección do Código Ético

Velaquí unha proposta de Código Ético para Ourense en Común elaborada polo Grupo de Traballo de Mediación. Prácticas e accións concretas que as persoas que ocupen cargos electos e de libre designación deberán cumprir para asegurar unha xestión política comprometida e próxima á cidadanía, con mecanismos eficaces de transparencia no financiamento e rendición de contas, democráticos e populares, e con espazos reais de participación e decisión cidadá nos asuntos públicos.

Asimesmo figura unha proposta que regulará a participación no proceso de Ourense en Común.

Formúlanse diversos compromisos e medidas que teñen como obxectivo garantir que todas as persoas poidan adicar o tempo necesario á xestión política e ás funcións públicas e, ao mesmo tempo, rematar cos privilexios dos que, durante moitos anos, gozou boa parte da clase política, e que provocaron un grave afastamento dos intereses da cidadanía.

Esta declaración de ética política parte da confianza e o compromiso que esta candidatura mantén coas persoas que ocuparán un cargo de responsabilidade pública, ademais de significar un mecanismo de apoio, supervisión e control á súa tarefa. As persoas que ocupen cargos públicos baixo o mandato deste Código De Ética Política, comprométense a impulsar os instrumentos e mecanismos legais necesarios para que estes principios éticos se convirtan en norma obrigatoria para todas as persoas na administración municipal.

Este código ético quere ser flexible, dinámico e conciso. A candidatura traballará nun regulamento que concrete e faga operativos os principios deste código ético.

Os principios recollidos neste código ético comprometen a todas as persoas que participan en Ourense en Comun, así como ás que ocupen cargos electos, de libre designación e xerenciais, tanto no Concello de Ourense como noutras institucións provinciais -públicas e semipúblicas- onde o Concello ten participación financeira e nos espazos de toma de decisións.

Todas estas persoas comprométense a: defender a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos nos ámbitos social, político e institucional da nosa sociedade.

Accede ao documento completo do borrador do código ético en DEMOCRACY OS.