Chamamento a organizacións

CONFLUENCIA

O engaiolante desafío que está a supoñer todo o proceso de Ourense en Común pasou por varias fases. Nun primeiro momento, para validar a candidatura Ourense en Común marcámonos como reto ter 1.500 sinaturas na simbólica data do 11 de novembro. Unha semana antes do previsto (5/11/2014), a nosa páxina web superaba esta barreira, o que anticipou o cronograma. Unha vez avalada e confirmada esta candidatura, fíxose un chamamento a todas as organizacións políticas e sociais de Ourense para poñer en común todas as ideas e proxectos colectivos que percorren o concello, para que sexan enriquecidas polo contacto coa cidadanía e impulsalas de xeito que cheguen a ser determinantes no futuro goberno municipal.

Este proceso de validación culminou nunha grande asemblea cidadá aberta para todas as veciñas e veciños de Ourense. Un foro social que se celebrou en novembro de 2014 e serviu como detonante dun proceso de encontros por barrios e sectores nos que se está a construir de modo participativo un programa electoral co obxectivo de devolver a xestión do Concello ás persoas.

Aquí podes consultar o texto do chamamento e, máis abaixo, as actas das xuntanzas mantidas coas distintas organizacións:

Reunión co PUM+J en Ourense o día 5 de febreiro de 2015
Reunión co BNG en Ourense o día 20 de xaneiro de 2015
Reunión con EQUO Ourense o día 9 de xaneiro de 2015
Reunión con Podemos Ourense o día 7 de xaneiro de 2015
Reunión con Espazo Ecosocialista o día 16 de decembro de 2014
Reunión con Compromiso por Galicia o día 10 de decembro de 2014
Reunión con IPOU o día 4 de decembro de 2014
Reunión con Esquerda Unida o día 3 de decembro de 2014
Reunión con Demos+ o día 27 de novembro de 2014
Reunión con Anova o día 14 de novembro de 2014

Deixa unha resposta

2 comments

  1. Menudo texto, vaya tostón!!!! de verdad alguien se ha leído esto? si lo lees por encima no es más que un panfleto populista a lo Antonio Gramsci.

    Confluencia? Por favor, separad bien los párrafos, títulos para cada sección bien definidos, no se puede leer una biblia y entender de que va Ourense en Común.

    En definitiva, más populismo barato, aún encima comparte color con #Podemos.

    Sobre el BNG ? Ni ellos mismos saben quienes son.

  2. Ola Boky, graciñas polas aportacións. Tentamos facelo o mellor posible para construir un proceso transparente, por iso publicamos as actas das reunións que mantemos con forzas políticas para acadar un espazo de confluencia que agrupe á maioría social da cidade de Ourense. Reunímonos con aqueles partidos políticos que se sentiron interpelados, dalgunha maneira, polo noso chamamento. Poida que unha web onde cada páxina funcionase con artigos separados fose máis sinxela de ler. Non temos grandes coñecementos de deseño web polo que che pedimos comprensión. Xa aumentamos o título de cada unha das actas para que se poidan ver mellor de xeito separado. En canto á cor que utilizamos é a cor da bandeira oficial de Ourense. Unha aperta.