Regulamento da Asemblea en Común

O máximo órgano de representación de Ourense en Común é a asemblea, que toma decisións vinculantes e ten capacidade de modificación das decisións estratéxicas.

Neste documento podes atopar os procedementos de convocatoria da asemblea, os protocolos de toma de decisións e número mínimo de representantes en asemblea naqueles casos que se requira votación para adoptar acordos.

Podes descargalo en PDF ou lelo directamente na web.