FAQ

Preguntas frecuentes sobre Ourense en Común

Que é Ourense en común?
É un proceso cidadán para a construción dun espazo de confluencia que vaia máis alá de siglas e nomes propios, dende a diferenza pero con xenerosidade. Unha iniciativa baseada no protagonismo das persoas da cidade, non unha fronte de organizacións. A procura dun novo xeito de organizar a vida en común en Ourense, honesto e transparente, construído pola cidadanía, ao servizo da cidadanía e baixo o control da cidadanía. O comezo dun ciclo de Democracia Participativa sen peaxes e con capacidade para ilusionar a maioría social. O manifesto é a nosa chamada. Non temos todas as solucións para os problemas da cidade. Pero cremos firmemente que se traballamos xuntas poderemos resolvelos.

É abondo con chegar ao Concello para cambiar a cidade?
Chegar ao Concello significa recuperar as ferramentas necesarias para combater a desigualdade e construír unha cidade e un país distintos. Pero non é abondo. Tamén temos facer que cada praza, cada rúa, cada barrio, sexa protagonista do cambio democrático que vén. E non partimos de cero. Ourense en común quere percorrer o camiño trazado dende hai anos polos colectivos e movementos da cidade que traballan a prol dun Ourense máis digno, habitable e igualitario.

Como se valida o manifesto?
A cidadanía é o seu suxeito político. A demanda dun espazo de confluencia na cidade de cara ás eleccións municipais é maioritaria, pero necesitamos dicilo ben alto, enviar un sinal diáfano e contundente. Propoñémonos reunir 1.500 sinaturas de aquí ao vindeiro 11 de novembro.

E unha vez acadadas as 1.500 sinaturas?
No outono celebraremos o primeiro encontro Ourense, ben Común, un foro social que dea comezo a un proceso de encontros polo común, por barrios e por sectores que serán o verdadeiro motor do movemento. Será o momento de intercambiar ideas, sumar forzas, desenvolver colectivamente un novo modelo de cidade e acordar un método que nos permita poñer de novo as institucións ao servizo da cidadania.

E como se organiza Ourense en Común?
Ourense en común organízase en base a tres piares fundamentais: máxima transparencia, participación e
horizontalidade. Piares que asentan a seguinte estrutura:
Grupos de traballo: Unidades técnicas para acompañar e enriquecer o traballo dos encontros polo común sectoriais e de barrio. Abertos pero configurados segundo criterios de operatividade (perfís, número de membros, metodoloxías, etc.), pluralidade e independencia das organizacións. De adhesión individual e con cargos rotatorios.
Rede: Asemblea de encontros polo común (sectoriais e de barrio) e grupos de traballo. Soberana e de
adhesión individual. Ninguén representa a ninguén, nin un EPC nin un grupo de traballo. Todos os membros
dos grupos de traballo e dúas persoas de cada EPC.
Asemblea cidadá: Encontro público e aberto á cidadanía que validará cada unha das fases do
proceso, reflexionará sobre os pasos dados e avaliará o grao de cumprimento de obxectivos. A asemblea
servirá ademais para dar a coñecer os novos retos de cara á seguinte fase abríndoa á participación e
incorporación de todas as persoas interesadas.

Como podo participar en Ourense en común?
Podes difundir o manifesto e recoller sinaturas para que esas 1.500 que nos propuxemos acadar en novembro queden pequenas. E podes, sobre todo, participar nos encontros polo común, o pulmón do proceso. E se pensas, ademais, que podes axudar a preparar e acompañar eses encontros e reforzar os grupos de traballo, enche este formulario. Tamén podes seguir a actividade a través das contas en twitter e facebook ou contactar directamente co grupo de traballo de apertura en ola@ourenseencomun.info

Deixa unha resposta

5 comments

  1. Onde e cando se producen os “encontros en común”? Desculpade, pero non o atopo por ningures.
    E outra boa: que facemos os que non temos facebook? Como nos enteramos de todo? Non creo que sexa o único ourensán que poda estar interesado e non ten facebook. Como tedes pensado chegar a eles?

    1. Ola Jordi, chamome Marcos e colaboro cos promotores de Ourense en Común.
      Estamos a traballar na presentación pública do proceso, logo de esa data, Ourense en Común comezara a andar da man dos veciños, as xuntanzas se organizarán o ritmo dos cidadans para acadar a maior confluencia.
      O correo ola@ourenseencomun.info e o medio mais axeitado para se por en contacto nestes días.

      Saudos, Marcos

  2. Deseo que nuestra ciudad mejore, esta abandonada por nuestros gobernantes y deseo que los ourensanos tengamos mas oportunidades para poder vivir mejor.

    1. Graciñas Isabel. Se acadamos o apoio dos 1500 asinantes agardamos poder comezar a traballar para poñer a institución municipal ao servizo da mellora na calidade de vida das veciñas e veciños de Ourense.

  3. Jesús Caballero Olmo

    Ánimo