Hai Mareas 18N | Programa

MAÑÁ

Só para as inscritas antes do 16 de novembro. AFORO COMPLETO!!

10.30h Recepción das participantes.
11.00h Como nos organizamos. Metodoloxías para unha marea ao servizo da xente.
15867764121_8ebbee9172_o

No ano 2014 xurdiron no país procesos municipalistas que realizaron un chamamento á confluencia pero que se autoimpuxeron a tarefa creativa de explorar novas formas de facer política, tamén dende a parte organizativa. Grupos de traballo, ferramentas de comunicación interna, procesos democráticos internos, mediación, horizontalidade e outros conceptos foron cuallando e forman parte hoxe do día a día destas candidaturas. Someterémolos á reflexión colectiva sobre a súa eficacia e actualidade.


Centro Cívico Colón
(Colón, 18)

11.00h Empoderamento e participación cidadá na toma de decisións.
15094472480_d268a6092e_o

Experiencias participativas desenvolvidas polos procesos municipalistas dende o goberno e dende a oposición. Tanto presenciais como en rede. Dillo ti na Coruña, Ao Vivo en Compostela, Encontros de barrio, en Ourense e outras experiencias póñense a debate nesta mesa de traballo.


 Centro de Interpretación das Burgas
(Pza da Ferrería, 8)

11.00h Dentro-fóra. Relatos dende a institución.

IMG_8828

Coa participación de
Martiño Noriega – Alcalde de Compostela

A experiencia da vida institucional en primeira persoa. Como funciona o noso concello por dentro, como se vive a experiencia de ser alcalde, concelleiro. Como isto se concilia coa vida persoal de cada quen. É posible un novo modelo de institución municipal?


 Espazo en Común
(As Burgas, 8)

TARDE

A entrada será libre ate completar o aforo (con prioridade para as inscritas)

∇  Todas as actividades serán no Salón de Actos da Biblioteca Pública (Concello, 11) 
16.30h Conclusións xornada matinal
15682193020_141039b44d_o

Sínteses das mesas de traballo da mañá:

– Como nos organizamos. Metodoloxías para unha marea ao servizo da xente.
– Empoderamento e participación cidadá na toma de decisións.
– Dentro-fóra. Relatos dende a institución.

17.30h CONTRAPODER
converxencia

 

A institucionalización do indignamento.
Poder e movementos sociais.

Que queremos das institucións? Que poden facer as mareas polos movementos sociais?

Interveñen: varias plataformas e colectivos cidadáns.

18.30h Candidaturas Municipalistas cara o 2019
urna

Interveñen concelleiras de diferentes mareas municipalistas galegas.

20.00 h Peche da xornada
Coa participación de

Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña

Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común 

e peche musical con O Neno Elliot.

 
ledi-xulio