Hai Mareas 18N

POÑER EN COMÚN|COMPARTIR|APRENDER

O sábado 18 temos unha cita en Ourense para debater sobre as candidaturas municipalistas galegas.

Unha análise compartida do camiño percorrido ata o día de hoxe e unha valoración ao redor dos desafíos e oportunidades que se plantexan de cara ao 2019.

Tres mesas de traballo e tres palestras para analizar estas ferramentas democráticas e ver de mellorar a súa utilidade como elementos transformadores da institución municipal para a poñer ao servizo do ben común e da vida digna das persoas.

uni

O vindeiro sábado 18 de novembro xuntámonos en Ourense para debater sobre o municipalismo galego.

Superado o ecuador do mandato municipal que supuxo a irrupción das candidaturas do cambio nos concellos do país, autoconvocámonos para pensar xuntas o camiño percorrido ata aquí, e para xerar o debate necesario que nos axude a identificar cales son os retos aos que nos enfrontamos de cara ao 2019.

Podedes consultar o programa, e veredes que a xornada está dividida en dúas partes, unha primeira de mañá, con tres mesas de traballo simultáneas – sobre participación cidadá, metodoloxías de traballo e vida institucional-, nas que contaremos con representación de cada proceso municipalista para tratar cada un dos temas que centrarán o debate.

A xornada de tarde, en código aberto, servirá para poñer en común o traballo realizado pola mañá, e avanzar cara ese novo escenario das municipais de 2019.

Para facilitar a organización do #HaiMareas agradecemos que as persoas que desexen acudir, se inscriban no formulario, facendo constar se queres reservar praza para comer ou cear. Tamén tedes a opción se así o dexesades de contar cun aloxamento para pasar a noite do sábado en Ourense.

PROGRAMA #HaiMareas18N
cabeceira evento haimareas
INSCRÍBETE antes do 16 de novembro

As inscricións pecháronse o xoves 16 de novembro pero podes asistir á xornada da tarde.

A entrada será libre ate completar o aforo do Salón de actos da Biblioteca (con prioridade para as inscritas).