Asina o Manifesto

Amamos Ourense. Somos moitas as persoas que queremos unha vida mellor, máis xusta e digna para a xente da nosa cidade. Unha cidade na que os dereitos fundamentais estean garantidos e na que a institución municipal poña todos os seus recursos ao servizo do ben común.

O noso programa actualmente só ten dous puntos: participación cidadá e transparencia. O resto querémolo construír dende abaixo e de modo horizontal coa participación dos barrios e habitantes de Ourense, para dotarnos, entre todas, dunha ferramenta efectiva para a solución dos nosos problemas.

Temos un compromiso! Coa honestidade, a transparencia, a participación e a xestión eficaz dos recursos públicos. Porque pensamos que temos dereito a decidir directamente sobre todo aquilo que nos afecta de xeito relevante.

É por todo isto que facemos un chamamento ás veciñas e veciños a participar neste movemento de cambio que está a comezar. Queremos gañar Ourense cambiando a forma de entender e facer política. É hora de facerlle fronte á ineficacia, ao desgoberno e á corrupción. Recuperemos a vida social, económica, laboral, cultural e política da cidade.

Asina este manifesto para dar impulso á proposta e establecer contacto para convidarte a participar do acto de presentación que terá lugar no mes de setembro.

Tomemos a palabra. É hora de mudar a realidade!

Asina por unha cidade para todas.

Asina o manifesto:

Nome (necesario)

Apelidos (necesario)

Correo electrónico (necesario)

DNI ou documento similar (necesario)

Actividade (necesario)

Provincia

Localidade

Código Postal

Quero que o meu nome se amose na lista de asinantes
 Si Non

Ao asinar recibirás un correo electrónico coa confirmación dos teus datos. Se pasadas unhas horas non o recibiches revisa a túa carpeta de spam por se foi parar alí.

De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de caracter persoal, informamos que os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de OURENSE EN COMÚN para o seu uso exclusivo no eido desta iniciativa. O teu nome poderá tamén publicarse na páxina web: ourenseencomun.info . Podes exercer o teu dereito de acceso, cancelación, rectificación ou oposición dirixíndote ao enderezo ourense@ourenseencomun.info ou ao enderezo Rua do Bierzo, 34-1º OURENSE, 32004 do colectivo Anacos da Cidade que temporalmente presta os seus datos a esta iniciativa para dar cumprimento á lei.

A CIDADE PARA TODAS

Deixa unha resposta

6 comments

  1. A ver que yo me entere. Qué se supone que tengo que firmar? No veo unas líneas ideológicas o de programa a las que me pueda subscribir. Veo un video de 45 segundos, confluencia, participación… si, pero confluencia con qué o con quién? Participación en qué? Firmo un papel en blanco. Así no.

    1. Hola Pilar, me llamo Marcos y formo parte del grupo que impulsa Ourense en Común en su primera fase.
      Es muy dificil definir unas lineas ideológicas entre vecinos que buscan un bien común y están de acuerdo en valores transversales como transparencia y horizontalidad.
      Por acotar un poco el campo, el modelo que se persigue es la gobernanza, incluir al ciudadano desde el primer minuto en la toma de decisiones, esto es algo innovador, alejado de posturas tradicionales y jerarquicas.
      Este grupo que impulsa no es quién de desarrollar un programa, por tanto son los ciudadanos quienes toman la palabra y actuan a favor de todos. Ourense en Común se propone generar el marco donde se lleguen a puntos de encuentro.

      En el correo ola@ourenseencomun.info puedes escribirnos todas tus reflexiones, entre todos intentaremos acompañar este proceso ilusionante.

      Un saludo Pilar
      Marcos

  2. ¿Innovador? O mucho me equivoco, o estáis copiando los mensajes de “Podemos”. transparencia, horizontalidad, participación ciudadana….. lo único que hacéis es adaptarlo a un entorno municipal, pero estáis plagiando algo que veis que ha calado fuertemente en la sociedad, a la espera de que “Podemos” no presente candidatura en Ourense y así intentar pescar en el caladero de votos potenciales de “Podemos”. Por favor !! Si hasta utilizáis un “círculo”, el color morado…y hasta vais por los barrios “a escuchar a los vecinos”, al igual que una campaña de Podemos Ourense que comenzaron hace dos meses !!. Lo que sí veo es gente del nacionalismo detrás de vuestro proyecto, eso no digo que sea malo, pero no vendáis la moto de “innovadores” o de “no hay siglas”. Saludos.

    1. Ola Txiki, desculpa a demora na resposta. Cremos que ferramentas como a transparencia, a horizontalidade na toma de decisións e a implementación de procesos de participación cidadá no goberno das cidades son útiles e poden axudar a resolver moitos dos problemas que hoxe afectan á gobernanza municipal. Non son ideas innovadoras xa que se aplican en numerosas cidades do planeta. E tampouco por si mesmas son ideas que resolvan todos os problemas. Hai que traballar nelas e aplicalas con rigor para que sexan eficaces. Non nos apropiamos destas ideas, son ideas de todos. Nin cremos que haxa outras formacións que sexan propietarias delas. Atendendo ao principio de confluencia facemos unha chamada a todas aquelas que as compartan a sumarse ao proceso. E tamén estaremos dispostos a acudir e escoitar calquera outra chamada que se nos faga a xuntarnos ao redor da idea de construir unha cidade mellor. O círculo como símbolo tampouco é propiedade esclusiva nin nosa nin de ninguén. É unha maneira de representar o total ou o global da cidade e da súa veciñanza. A cor escollida inspírase na bandeira de Ourense. Os procesos de participación e emponderamento veciñal deberían ser replicados e tidos en conta por todas as opcións que se plantexen concorrer a unhas eleccións municipais. Coidamos que mellor lle iría á Ourense se a opinión da cidadanía se tivese en conta máis frecuentemente e non só cada catro anos. E sí, no proceso participa xente nacionalista, ao igual que o fai xente que non o é. Cremos que esa é unha fortaleza en si mesma e dá conta da capacidade e decisión que temos á hora de chegar a acordos polo ben da cidade. Non imaxinamos outro camiño que o de sumar a toda a xente capaz de construir un Ourense mellor á marxe da corrupción, do nepotismo e das vellas maneiras pechadas de facer política. E non, non hai siglas, porque en Ourense en común non hai pactos entre cúpulas, non hai coalicións: hai persoas. Traballando todas xuntas dende abaixo. Unhas militantes en forzas políticas, outras de asociacións e colectivos da cidade, e moita cidadanía que ten gañas de tomar a palabra e que cada día se convence máis de que ten que ser así. Que non podemos deixar que gobernen por nós. Que temos que ser nós mesmas as que gobernemos o noso futuro. Contando con todas as forzas posibles. Graciñas por interesarte no proceso. É grazas á opinión crítica da cidadanía que somos capaces de mellorar e estar ben atentas para facer as cousas ben. Unha aperta.

  3. carlos padron castaño

    Despois das lamentables noticias polas que pasou o proceso de eleccion de candidato,nestas primarias abertas a cidadania que desafortunadamente malogrouse e non fixo mais que dar moito descredito o proceso, e que deu municion a os que querian desfacer todo aquelo que sexa incomodo e non controlable polo poder establecido,e que fixo que algunhas forzas e organizacions disvincularanse deste proceso .,faise mais necesario que nunca chegar a acordos de suma de forzas,si queremos ter posibilidades de dar unha sorpresa nas prosimas municipales do bindeiro mrs de maio.
    Deseguro que o que digo non e nada novedoso nin imaxinatibo pero e necesario escoitalo si non lelo pa ter un momento de reflesion.

  4. ¿Por qué han desaparecido los comentarios realizados en la sección de transparencia? Deseo se recuperen, cada vez se acerca más a una triste caricatura de la democracia y la transparencia.