Martiño X. Vázquez será o candidato ás primarias de OUeC co apoio de toda a asemblea
24 Febreiro, 2018
0
• O actual voceiro do grupo no Concello acadou o consenso maioritario da asemblea para encabezar a candidatura de 2019.
• A lista completa para as próximas municipais definirase no mes de outubro.

    A asemblea de validación das candidaturas para as primarias, celebrada onte por OUeC, refrendou por unanimidade de todas as asistentes, a Martiño X. Vázquez como candidato a encabezar a lista electoral de 2019.

    As tres candidaturas presentadas tiñan que ser validadas por 2/3 do total da asemblea, un obxectivo que só acadou a do actual voceiro do grupo no Concello, co 100% do apoio das presentes.

    O proceso de constitución da candidatura para 2019, completarase en outubro, cando se leve a cabo a votación para a escolla do resto de compoñentes da lista a través das persoas censadas.