Mesa-Debate borrador ordenanza veladores de Ourense
11 Febreiro, 2016
0

Con motivo da elaboración do borrador da ordenanza de Veladores que o concello de Ourense quere publicar, o grupo municipal Ourense en Común organiza unha Mesa-Debate para a elaboración conxunta de suxerencias a dito borrador. A ordenanza de Veladores ten por obxecto promover as condicións necesarias para mellorar e regular as instalacións das terrazas de veladores existentes nos espazos públicos do concello e adaptalas á realidade actual compatibilizándoas co uso de dito espazo polas veciñas de Ourense.

 

Á Mesa-Debate están convidadas as veciñas interesadas que, de xeito particular, queiran facer propostas. Así mesmo o texto do borrador foi entregado en diversos establecementos  hosteleiros co fin de que coñezan o mesmo e teñan a posibilidade de presentar suxerencias. Finalmente, se convidaron a colectivos que, como COGAMI ou a ONCE, traballan con persoas para os que estas terrazas supoñen, en moitos casos, un obstáculo arquitectónico.

 

A Mesa-Debate celebrarase o LUNS 15 de Febreiro ás 19.30h no local Espazo en Común  (As Burgas nº8/baixo).

 

Podes consultar o texto: Ordenanza Municipal de Veladores 2016