O goberno de Ourense ignora as recomendacións da Confederación Hidrográfica fronte á escaseza de auga
4 Decembro, 2017
0
• Ourense aínda non conta cun Plan de Emerxencias Municipal, obrigatorio desde hai máis de dez anos.
• O Concello vive nun momento incerteza cun alcalde que manifesta descoñecer ata cando está garantido o subministro de auga nos fogares.
• O Partido Popular e Democracia Ourensana rexeitaron no pleno do venres estudar a situación dos recursos hídricos da cidade.

    Ourense en Común reiterábase hoxe alertando da extrema gravidadede que Ourense non conte aínda cun Plan de Emerxencias Municipal, e denuncia que o goberno da cidade non fai os deberes, desouvindo os requirimentos da Xunta e a Confederación Hidrográfica”, en referencia á situación de seca que está a sofrer o país.

    O grupo pide ás dereitas da cidade “que rectifiquen os seus erros no pleno do pasado venres, o PP “desacreditando” ao presidente da Xunta e á Confederación, e Democracia Ourensana “negando o problema, rexeitando ambos grupos a proposta de OUeC para facer un necesario seguimento dos recursos hídricos do Concello”.

    Simultáneamente ao transcorrer do pleno, a CHMS pedía aos concellos como o de Ourense, actuacións de urxencia, adaptando os Plans de Emerxencia Municipal para paliar os efectos da seca. A realidade de Ourense é que nin tan sequera temos tal Plan, cando hai máis de dez anos que é obrigatoriopor Lei nos Concellos de máis de 20.000 habitantes.

    Ourense en Común lembra que en 2012 o PP solicitaba a redacción dun PEMU desde a oposición, e “agora no goberno non fixo nada, incumplindo dous acordos plenarios impulsados pola oposición na vixente corporación, e deixando nunha total incerteza a seguridade e protección dos ourensáns”.

    Con esto, o grupo entende que o peor alcalde da historia de Ourense é tamén o “máis neglixente”, por manter “gardado nun caixón todo o que a cidade precisa” –orzamentos, RPT, PEMU-, “condenándoa a unha completa parálise, que non se arranxa con fotos e luces de cores, senon con traballo”.