Os alcaldes da Coruña e Santiago celebran en Ourense os dous anos de municipalismo
13 Xuño, 2017
0
• Xulio Ferreiro e Martiño Noriega estarán mañá na cidade para compartir as súas experiencias no ecuador do seu papel como rexidores.
• O acto porá en valor o labor dos concellos do cambio, que desde a transparencia e a participación están a facer política real para as súas veciñas.
• O encontro será mañá mércores ás 19h30 da tarde nas Burgas.

    Ourense en Común celebra mañá os dous anos do movemento municipalista nun acto no que participarán Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, alcaldes de A Coruña e Compostela, Pilar Candoncia, concelleira por Ames-Novo no Concello de Ames, e as concelleiras de Ourense en Común, Ledicia Piñeiro e Martiño Xosé Vázquez.

    No ecuador do mandato que introduciu o municipalismo nas institucións locais, OUeC trae a Ourense aos alcaldes de Compostela e A Coruña, máximos expoñentes das “cidades  do cambio en Galicia, para visibilizar que “fronte á parálise coa que o Partido Popular está a lastrar as institucións, hai concellos que se moven, avanzan, e gobernan con e para as veciñas”.

    Noriega, Ferreiro e Candoncia, achegarán de primeira man a súa forma de entender a política e os “datos e feitos que están a transformar as cidades onde gobernan, poñendo a democracia, a participación, a transparencia, o ecoloxismo ou o feminismo no centro do espazo local para promover o ben común”.

    O acto celebrarase a partir das 19h30 deste mércores no Espazo en Común das Burgas, con entrada libre a quen desexe achegarse.