Ourense en Común apoia ás Marchas da Dignidade que mañá se concentran ante a Subdelegación do Goberno
7 Outubro, 2015
0

Ourense en Común presentou o pasado venres no Pleno do concello un rogo solicitando o apoio institucional ás Marchas da Dignidade.

As Marchas da Dignidade son un movemento social que en Galicia aglutina no seu seo a máis de sesenta organizacións e colectivos veciñais, sindicais, culturais, sociais e políticos do País. As MMdD leva máis de dous anos mobilizándose na rúa para esixir o remate das políticas que agreden á maioría social golpeada pola chamada crise. E neste senso, as Marchas fan fincapé nos seguintes puntos dirixidos ás corporacións locais de Galicia en forma de moción plenaria:

  1. Esta corporación municipal é consciente da situación dramática que está a sofrir a maioría social. A chamada crise económica lonxe de rematar chegou para quedarse, por moito que algúns utilicen certos indicadores económicos para aparentar unha mellora que nada ten que ver coa realidade nin cos sectores populares.
     
  2. Dita situación de emerxencia social derivada da crise estructural, desde fai anos afecta sin distincións a unha maioría social que é agredida por diversas vías; o desemprego, os recortes sociais, os desafiuzamentos, as privatizacións ou o desmantelamento dos sectores productivos tradicionais. Todxs estamos sendo golpeados, desde os pensionistas ata a xuventude que ten que emigrar, pasando pola clase traballadora, o sector pesqueiro, o pequeno comercio ou os pequenos propietarios do campo, como acabamos de observar no conflicto do sector leiteiro.
     
  3. Esta corporación municipal apoia a mobilización convocada polas Marchas da Dignidade prevista para o próximo día 24 de outubro en na Praza do Obradoiro en Compostela, e fai un chamamento os veciños e veciñas deste concello a participar na mesma.