Ourense en Común convoca un debate aberto e público sobre o regulamento da Mesa Municipal de Voluntariado
4 Febreiro, 2016
0

O grupo municipal Ourense en Común convoca, para o xóves día 04 de febreiro ás 19.30 un debate no “Espazo en Común” (Burgas, 8), para recoller propostas ao regulamento da Mesa Municipal de Voluntariado.

Seguindo co carácter participativo de Ourense en Común, convocan un debate no que pretenden recoller propostas de entidades sociais, asociacións e persoas interesadas na Mesa de Voluntariado Municipal. Dende Ourense en Común defendemos a intelixencia colectiva e a participación cidadá como a mellor forma de crear documentos marco para o bo funcionamento do Concello de Ourense”.

Teñen ata o día 11 de Febreiro para facer aportacións ao borrador, presentado polo grupo de goberno e non queren deixar de contar con voces da cidadanía para facelo.

OUeC cre que a elaboración colectiva, con debates abertos e públicos, son a mellor forma de crear documentos marco para o bo funcionamento do Concello. “É a definición básica de participación cidadá -xerar espazos onde transmitir opinións que teñan transcendencia na toma de decisións-”.