Ourense en Común debate este sábado a súa posición de cara ás eleccións ao parlamento galego
15 Abril, 2016
0

Persoas de Ourense en Común participaron nos últimos meses en varias mesas de traballo de mareas municipalistas espalladas por toda a xeografía galega. A última o pasado sábado en Marín, onde que se acordou fixar un momento constituínte para a confluencia nas eleccións autonómicas.  

Baixo o nome de “Mareas en Común” máis de 40 candidaturas municipalistas galegas definiron neste tempo as liñas mestras para xerar un espazo transparente e totalmente aberto a tódalas galegas e forzas políticas do cambio.

Este sábado ás 10h, nunha xornada monográfica aberta á participación veciñal nas Burgas, Ourense en Común fixará a súa posición de cara ás eleccións ao parlamento galego, aínda sen data fixada. Definir o grao de participación neste espazo “Mareas en Común”, a relación coa confluencia estatal En Marea e o cronograma a seguir nos próximos meses serán os principais puntos de debate.

Programa:

10:00 – 11:45: Mesas de debate.

MESA A – información e procesos actuais
MESA B – papel das mareas municipalistas, partidos políticos, tecido asociativo e movemento veciñal no proceso de confluencia
MESA C – proceso de confluencia e cronograma

12:00 – 14:00: Asemblea – Plenario: Ourense en Común perante as eleccións ao Parlamento Galego