Ourense en Común defende a participación de calquera veciña nas xuntas de área
6 Xuño, 2017
0
• PP, Democracia Ourensana e PSOE vetan a presencia de representantes veciñais, en contra do regulamento do Concello.
• Na área de Urbanismo, o alcalde decretou que estea presente un antigo funcionario vencellado ao Partido Popular.
• Desde xuño de 2015, Ourense en Común fai públicas na súa web as actas destas xuntanzas.

 

    Ourense en Común denunciaba hoxe o veto á participación veciñal nas xuntas de área que semanalmente se celebran no Concello de Ourense, despois de que a abstención do Partido Popular, e os votos en contra de Democracia Ourensana e Grupo Socialista bloquearan hoxe a asistencia dun representante veciñal da Federación Limiar ás xuntas de área de Facenda e Promoción Económica, incumplindo o regulamento de participación cidadá do propio Concello que, no seu artigo 8 indica que “ás xuntas de área poderá asistir con voz un representante dos cidadáns para se informar dos asuntos de interese xeral e do seu ámbito de actuación“.

    Apuntaba Martiño X. Vázquez que “nós defendemos a participación de calquera veciña de Ourense no día a día da administración local”; unha reivindicación que o seu grupo vén facendo desde hai dous anos, en que as tres edís de OUeC chegaron á corporación ourensá, “ao igual que a oposición debe fiscalizar a labor do goberno, a veciñanza debe poder fiscalizar a labor de toda a corporación“.

    O grupo solicita que se revise o obsoleto” regulamento vixente, de 2006, “que necesita unha actualización urxente para ampliar a participación a calquera veciña ou asociación e non só á Federacion Limiar, que era daquela a única existente”. OUeC engade que a participación debera ser extensible á Xunta de Goberno Local, onde “a presencia de todos os grupos, con voz e sen voto, permitiría que as decisións tomadas polo equipo de goberno puideran ser debidamente fiscalizadas”.

    Ourense en Común insiste ademáis na petición de que as actas das xuntas de área sexan públicas e se penduren na web municipalnós xa o facemos así na nosa web, son temas de interese xeral e mesmo os asesores xurídicos do concello indican que non hai nada que non poda ser publicado. A transparencia non só son titulares, son ferramentas para unha mellor democracia e empoderamento cidadán”.

    Nas xuntas de área dase conta das diferentes cuestións plantexadas polos concelleiros ao grupo de goberno municipal, co fin de fiscalizar e facer unha política participativa e resolutiva en cuestións que afectan a toda a cidadanía.