Ourense en Común denuncia a falta de limpeza no proceso selectivo de dúas educadoras
2 Marzo, 2017
1
•   Á primeira convocatoria, sen publicidade, so concorreu unha persoa vencellada ao Partido Popular, facéndose cun posto de interinidade no Concello.
•   A praza vacante dividiuse en dúas de traballo temporal, sendo o Servizo Público de Emprego, con criterios descoñecidos, o encargado da selección.

    Ourense en Común presentaba o pasado luns un recurso de reposición e denunciaba esta mañá as irregularidades no proceso selectivo de dúas educadoras para prestar servizo na Concellería de Benestar Social do Concello, ao aveiro dunha subvención da Xunta de Galicia.

    A convocatoria, lanzada “dunha semana para outrasen ser publicada en ningún diario nin sequera na web municipal, e cun prazo de só tres días hábiles para participar, “vulnerou os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade de oportunidades e méritos, como expoñía esta mañá Ledicia Piñeiro, que apuntaba que “desde o principio este proceso suscitou dúbidas; desde que soubemos que o Concello ía concorrer a estas subvencións, preguntamos en sucesivas xuntas de área cal ía ser o proceso selectivo e nunca tivemos resposta”.

    A urxencia do proceso quedou en entredito pola nefasta xestión do procedemento, xa que ofertándose dúas prazas, só concorreu unha persoa. Ourense en Común xa denunciara estes feitos a través dun comunicado de prensa no seu momento, ao que hoxe engadían un dato máis: a escollida para o posto ten relación directa co Partido Popular, sendo filla dunha persoa que concorreu nunha lista electoral dese partido dun concello próximo a Ourense, polo que o grupo cuestiona se esa primeira convocatoria se fixo “adhoc” para esa persoa en concreto.

    Ledicia Piñeiro relataba ademáis esta mañá que “ao quedar a outra praza deserta, o equipo de goberno tivo que facer un novo despropósito cunha nova convocatoria” e para poder xustificar as horas que esixe a subvención, “decidiron partir o tempo, e para esa praza vacante, en lugar de contratar a unha educadora máis por dous meses, contratarán a dúas educadoras por un mes cada unha”.

    A concelleira de OUeC cuestionaba as diferencias de contido e forma que tiveron os procesos selectivos, “descoñecemos os motivos polos que a área de Persoal decide facer unha primeira convocatoria mediante o sistema de Interinidade e, unha segunda a través do Servizo Público de Emprego, para unha contratación laboral-temporal, e en base a criterios descoñecidos para admitir ou non a unha persoa dentro do procedemento”.

Deixa unha resposta

1 comment

  1. Habería que saber tamén para que lle deu a Xunta a subvención, non é por nada , pero as persoas que nos mantemos ao tanto pensamos que a subvención da Xunta é para una nova psicóloga….