Ourense en Común denuncia a falta de mantemento das marquesinas da cidade
6 Febreiro, 2017
1
•    Os mupis exhiben publicidade da propia empresa, pintadas, desperfectos e depósitos de pilas inservibles.
•    O goberno permanece impasible ante o incumprimento do contrato por parte de PM Trans Europe.
•    Hai 2 meses que a concesionaria tiña que ter en perfecta conservación todos os soportes.

    Ourense en Común formulaba un rogo no pleno do pasado venres, instando ao alcalde e ao equipo de goberno a poñer solución á falta de mantemento dos MUPIs da cidade, lembrando aos edís do Partido Popular que a empresa leva desde o mes de decembro incumprindo o contrato asinado coa administración municipal.

    “Novamente semella que ordenan máis as empresas que o propio goberno da cidade”, apuntaba esta mañá Martiño X. Vázquez, voceiro de Ourense en Común. “Pasaron xa dous meses desde que a adxudicataria tiña que ter en perfecto estado de mantemento as 300 caras publicitarias que suman as marquesinas, reloxos e mupis do Concello, pero estamos a ver continuamente desperfectos e pintadas nos soportes, e os depósitos para a recollida de pilas, inservibles”.

    No contrato, formalizado no mes de outubro pasado, a empresa asumía a xestión dos soportes, comprometéndose a ter en perfectas condicións de conservación, antes do 6 de decembro, este mobiliario urbano para a presentación de información, asumindo así o control da publicidade dos mesmos e reservando o 20% para informar sobre actividades do Concello. A realidade na rúa está ben lonxe de cumprir con estas condicións, exhibindo na maioría dos casos publicidade da propia empresa, espazos baleiros ou campañas desfasadas, incumprindo tamén o prego neste caso, xa que compromete á empresa a retirar publicidade desactualizada no prazo máximo de unha semana.

    Co incumprimento da empresa e a impasibilidade do goberno popular, os mupis acumulan agora máis dun ano sen control, despois de que o procedemento administrativo para a adxudicación se dilatara oito meses.

Deixa unha resposta

1 comment

  1. Respecto a la posibilidad de que a la reprobacion le siga una mocion de censura, Jacome recordo que esta posibilidad no depende de el, sino de lograr el respaldo de 14 firmas que avalen la propuesta. En su opinion, los socialistas “dificilmente” podran presentarse a las proximas elecciones autonomicas “y esperar resultados” si no amparan una mocion de censura en Ourense.