Ourense en Común leva ao pleno a inseguridade viaria na Avda. de Portugal
3 Abril, 2018
1
•    O tramo entre as rúas Carriarico e Irmáns Xesta acusa especialmente excesos de velocidade, mala visibilidade nos pasos de peóns e unha deficiente iluminación.
•    Logo de tres anos sen políticas de mobilidade, o edil responsable manifesta estar “sen ganas” para acometer as súas responsabilidades.
•    Ourense rexistra dende 2004 unha media anual duns 70 atropelos, algúns con morte do peón.
•    A moción xurde da visita de OUeC ao Couto coa iniciativa “A Voz do Barrio”, coa que están a recoller as inquedanzas da veciñanza da cidade.

    Logo de visitar o pasado 10 de marzo o barrio do Couto coa iniciativa “A voz do barrio” coa que Ourense en Común está percorrendo a cidade, o grupo defenderá no pleno de abril unha moción na que trasladan as inquedanzas da veciñanza desta área da cidade, referidas á inseguridade viaria na Avenida de Portugal.

    Na moción, abórdanse as deficiencias na avenida, que especialmente no treito entre as rúas Carriarico e Irmáns Xesta acusa serias carencias de iluminación e visibilidade, que engadidas á falta de reguladores de velocidade, xeneran un “flagrante risco para os peóns”.

    A crecente preocupación entre as veciñas polo tráfico no Concello de Ourense, e a desidia do concelleiro delegado na materia, Carlos Campos, que recentemente declaraba sentirse “sen ganaspara afrontar as súas responsabilidades, retratan unha realidade que o goberno “non ten ganas de afrontar”,perpetuando e agravando” o serio problema estructural na mobilidade que OUeC vén denunciando desde que chegou ao consistorio.

Deixa unha resposta

1 comment

  1. Os que ali vivimos sufrimos dia tras dia , ademais do que eiqui se menciona , o mal estado da beirarrua e suciedade , xa que o barrendeiro por ali eu persoalmente , nunca o vexo . Tamén os escrementos de mascotas , cada día , cada día , se se pon algo de empeño eu creo que os donos serian facilmente controlables , xa que sempre ven sendo no mesmo sitio . A rúa carriarico .. máis do mesmo , un escandalo , e xa apribeito tamén pa queixarme do estado da zona das burgas , eso e vergoñento . Coñezo do que falo xa que cada día percorro a zona . Fagan algo , os que chegan pa visitalas burgas deben de ir encandalizados , sucia , charcos que perecen mares …..bergonzoso ….etc, etc , etc.