• Califican como “lamentable” o proceder que se está a levar coa obra de maior envergadura que asumirá a cidade para o próximo século.
• O grupo asumirá a responsabilidade de achegar de primeira man o proxecto á sociedade.
Ourense en Común avaliaba esta semana os sucesivos retrasos na convocatoria da comisión de seguimento da chegada da AVE, a “atropelada” reunión informativa a 24h de pecharse o plazo de alegacións ao proxecto da intermodal, e a decisión do alcalde de suspender a mesma, a media hora de celebrarse, como unha “sinvengonzonería” e avanzaba hoxe que non asistirá mañá á nova cita para a presentación técnica, “chega tarde e non ten sentido”.
O grupo valora que o proxecto “non cumple cos obxectivos e non é o que Ourense necesita”, e insiste en que a intermodalidade do que se presenta é “ficticia”, engadindo que “unha actuación desta magnitude ten que primar a optimización da configuración urbana de Ourense, superando a fenda histórica de separación entre os barrios da Ponte e O Vinteún, e promovendo unha mobilidade sustentable”, en referencia ao previsible colapso de tráfico motorizado na rúa Eulogio Gómez Franqueira e o Centro de Saude da Ponte que suporá o tránsito de perto de 300 autobuses ao día, de tramitarse a estación de autobuses que propón a Xunta de Galicia.
Desde que se coñece o proxecto, Ourense en Común mantivo reunións con diferentes expertos, e refrenda as obxecións presentadas ao mesmo por colectivos técnicos como o Colexio de Arquitectos, asumindo a súa responsabilidade política para achegar a realidade do proxecto á cidadanía, “faremos todo o posible para que a sociedade o coñeza e entenda que de executarse esta estación que o PP pretende, será unha oportunidade perdida para a cidade”, avanza Martiño X. Vázquez.