Ourense en Común pide a dimisión do fiscal xefe por culpabilizar á vítima do caso Baltar
15 Xuño, 2017
0
• Ledicia Piñeiro alerta sobre o sector escuro que se move ao redor de Baltar nas estruturas de poder da provincia.
• A fiscalía contradí o auto xudicial nun “vergoñento exercicio de violencia machista” .
• O grupo cuestiona a separación entre o poder político e o xudicial.

    Ourense en Común manifestaba esta mañá a súa indignación tras saberse que o fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, pretende sentar á denunciante no banco das acusadas, e solicita que “dimita inmediatamente.

    Ledicia Piñeiro calificaba a situación como “gravísima” e entende que a actuación do fiscal está vencellada a un “movemento do entorno do clan Baltar, que exerce un abuso de poder para converter á vítima en verdugo baixo claros parámetros machistas e coa única pretensión de defender a ultranza ao presidente da Deputación .

    A edil de Ourense en Común considera que o máis grave é que o fiscal avance nun contrasentido”, contradecindo o auto da xuíza Eva Armesto, “que da por probada a agresión de Baltar desde a súa situación de poder, e no que queda claro que houbo situacións humillantes para a denunciante”, e insiste na necesidade de que o fiscal dimita por dar estes pasos “tan tremendos e vergoñentos contra todas as mulleres.